Hoxe toca falar
un pouco do Real Madrid NBA e do plantel que configuraron para este ano entre Laso e os homes das oficinas. Pasouse
dun equipo basado en interiores a un basado en exteriores.
Parece que o
posto de base está ben cuberto, este
ano temos tres en principio de garantías. O Chacho finalmente espertou ? despois do excelente final de tempada
pasada é outro, está cheo de confianza e sálelle case todo, estame sorprendendo
gratamente sobre todo a min tan crítico con el, pero a veces xa se pasa de
“guai” e tampouco é así, pero con tanta competencia terá que poñerse as pilas
sobre todo en defensa seu gran problema.
De Llull pouco temos que falar intensidade defensiva e agresividade en
ataque, non é un base puro pero axuda e moito, seu gran problema é que non
elixe ben a última posesión.
De Draper pouco vin, parece que se fichou
para xogar en estático algo do que careciamos o ano pasado, esperemos que
funcione. Non me disgustou no partido co Unicaja, pero os informes que teño del
non son moi bos.
Para o posto de aleiro temos múltiples inquilinos.
Ademais da posibilidade dos dous bases moi utilizada por Laso nos últimos
tempos. Como Carroll teña o día xa
poden rezar os contrarios, outro do que tiña medo que non funcionara en Madrid
pero tapoume a boca o seu gran problema é cando o fan defender no poste baixo.
Despois temos a Rudy outro do que pouco temos que falar
, dalle o salto de calidade o equipo, un superclase en ataque, defensa e
mentalidade.
Marty Pocius, un home do que esperaba
máis, moi agresivo en ataque e defensa pero moi errático, pero supoño que
axudará no plantel. Ademais xunto con Rudy
terán que xogar moitos minutos no posto de 3 o gran problema do equipo. A
marcha de Kyle Singler para min é insustituible, un xogador enorme para un
servidor aínda que foi moi criticado, con el seríamos favoritos a todo.
Xogadores coma el non hai en Europa.
O Chimpa Suárez, un xogador en claro retroceso, empezou xenial con Messina
pero cada día é un pouco menos, non sei que lle pasa pero preocupa e sobre todo
porque xoga no posto peor cuberto polo equipo.
Nos pivots chegou o gran cambio. Sigue Felipe cumplidor como sempre, parece
que aceptou o seu novo rol a perfección. Niko
Mirotic deu a impresión de sentirse
importante, traballou moito no verán para mellorar e parece que o fixo,
impresionante comenzo de tempada.
Slaughter parece que chegou como sustituto de Velickovic , outro tipo de xogo , o
clube buscaba a bo prezo un mini-Ibaka e ese é o papel de Markus, xogo por encima do aro, velocidade e intimidación. Non o fixo
mal nos partidos que lle vin. As lesións foron un pesadelo para Nole do que todos esperábamos máis
continuidade e que nos quedou o pesar de que non triunfara.
Begic, pouco das e menos levas con moi pouco traballo físico, quedouse
basicamente polo soldo cobra menos da metade de Ante Tomic, un xogador
de tanta calidade como pouca sangue esperemos que siga así por Barcelona que
senón temblaremos. Parece que o seu posto axudará a ocupalo Rafa Heittsheimeir un xogador que se as lesións non o martirizan pode
axudar moito o tipo de xogo de Laso, pero non será o pivot diferencial que
necesitábamos, o presuposto manda.
En definitiva como nos funcione a velocidade e o xogo
exterior somos imparables, o que queda por ver é como andamos en defensa, cando
nos obriguen a xogar en estático con defensas duras das que se ven por Europa e
nos cheguen os pivots “comehomes”. Jawai fixo dano na Supercopa pero tanto
el como Tomic víronse superados por
Sinanovic o domingo amosando que ningún dos dous é forte en defensa.
En España debemos
aspirar a todo o Barsa tivo que cambiar plantel e parece que caeu un pouco.
Queda tocado cas lesións de Navarro, os
cupos, a edade dos xogadores clave e a
xuventude que chegou é un equipo con moita menos defensa parece aínda
que máis calidade en ataque. Un equipo máis basado nos interiores Jawai, Tomic
xunto con Lorbek e Wallace. Aínda que perdeu a intensidade e intimidación de
Ndong e F. Vázquez. A crise afectou o resto, que non poden contar das fortes
axudas institucionais que tiñan antes a
ver como funcionan Laboral, Valencia, Bilbao e un ollo a Unicaja que non me
disgusta.
En Europa non sei
como está o tema cando empece a Euroliga si alguén a televisa e podo ver os partido xa que ahora serán xoves-venres, e venres non é o mellor día xa falarei, eso si a Euroliga este ano son máis partidos e a profundidade
de plantel vai ser clave. Neses partidos veremos o verdadeiro nivel do Real
Madrid, aínda que na Supercopa deixaron boas sensacións.
Teño esperanzas de que por fin gañemos a Liga algo
que non debeu escapársenos o ano pasado. Este ano as obrigacións e esixencias son
moito maiores para o Laso-team, esperemos que respondan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario