LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – FAME NEGRA.2-1.
FISOBER B : Martina,
Iria, Inés, María e Laura ; tamén xogaron : Natalia, Cris, Noe e María Maroñas.
FAME NEGRA : Diana, Antía, María Elvira, Jessica e Alba ; tamén xogaron : Leticia e Olalla.
ÁRBITRO : Vicky Mosquera . Crono : Irene Lojo.
GOLES : 1-0 Natalia ,
2-0 Inés ; ( descanso ) 2-1 Jessica .
Arrancou a
tempada para o filial do Fisober este sábado en Vimianzo e fixo cunha vitoria. As rapazas do Fisober B
saíron cunha motivación extra a pista que era brindarlle o triunfo a súa
compañeira Tamara que tivo que pasar por quirófano esta semana e conseguírono.
Saíron un pouco
nerviosas as xogadoras do filial pero con ganas de comezar ben a tempada e
mellorar con respecto a pasada.
Unha primeira
metade na que xogaron con moito orde, non pasaron excesivo perigo. Os goles
foron obra de Natalia mediado este tempo despois dun envío en longo de Martina.
E a falta de seis
minutos de novo un envío en longo de Martina foi desta vez aproveitado por
Inés. Aínda así erraron varios mans a mans para ter un partido máis prácido.
Dende este minuto
e ata o tempo de lecer o Fame Negra xogou con ataque de cinco pero non creou
perigo sobre a portería local , chegándose o intermedio con ese resultado.
A segunda metade
xa foi outra historia, as visitantes vendo que non funcionara o ataque de cinco
voltaron o debuxo orixinal. As cousas complicáronse sobre todo dende que os
catro minutos Jessica aproveitaba unha falta para poñer o partido nun suspiro
co gol visitante.
As locais
entráronlle os nervios e non conseguiron trenzar xogadas como na primeira
metade. Aínda que as visitantes solo creaban perigo a balón parado o filial do
Fisober tampouco poñía en apuros o Fame Negra.
De feito solo
podemos destacar un lanzamento o pau da capitana María. As locais xogaron os
últimos minutos ca lousa das cinco faltas o que lle puxo maior tensión o
partido se cabe.
Os últimos
minutos erros incomprensibles do filial do Fisober apiques lles custan un
problema grave pero finalmente conseguiron deixar os tres puntos en Vimianzo.
Destacar a volta
as pistas da cadete de primeiro ano Noe
despois dun ano sen poder xogar. Ademáis de Tamara tamén foi baixa para este partido Mónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario