LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : ESTEIRANA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO “.
6-0.
ESTEIRANA : Maruxa, Inés, Terre, Alicia, Sandra ; tamén
xogaron : Merche, María e Leticia.
FISOBER B : Martina,
Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Cris, Noe F. , Natalia, María
Maroñas e Mónica.
Árbitro : Emilio Losada ; Crono : Rubén García.
GOLES : Alicia con 3 goles, Sandra 2 goles e Leticia 1 gol,
todos entre o 15 e o fin da primeira metade.
O filial do Fisober aguantou quince minutos sin recibir nin
un gol cunha boa defensa e despois ata o
tempo de lecer perderon o rumbo e o sitio
tirarando co partido, recibindo 6
goles consecutivos no derbi.
Pouco se pode
falar do encontro o dominio foi das locais pero as do filial do Fisober non
pasaban excesivos problemas ben colocadas atrás e tentando saír aínda que non o
lograban con excesivo perigo a contra.
Todo mudou os
quince minutos cando caía o primeiro gol a favor das locais. O equipo visitante
entrou en zozobra e non sabía onde se atopaba, catro goles casi consecutivos
obrigaron as visitantes a pedir tempo morto.
E a volta do
tempo morto lonxe de mellorar caeron nos mesmos erros, saque de centro e case a
continuación gol. Co 6 a 0 final se chegou o tempo de lecer.
Na segunda parte
pouco que contar, o filial do Fisober voltou a estar entonado en defensa e non
encaixou ningún gol máis e as locais tentárono pero non conseguiron aumentar a renda.
Como dato curioso
destacar que este resultado, se produciu nos tres últimos derbis entre os dous equipos un 6 a 0 a favor
do Esteirana. Deuse a tempada pasada tanto no partido como locais e tamén como visitantes.
As fotografías son dun amistoso previo o comenzo da Liga, entre estes mesmos equipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario