MUXÍA : Ángel Luís,
Peski, Luís Romaní, Cabejo, Currás, Pataca, Julián ( minuto 46 Adrián
Alcaina ), Albertiño, Dimás ( minuto 86 José Manuel ), Adrián Negro, Juan Prado
( minuto 59 Casais ).
AMEIXENDA :Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Mito (Grille, min.65), Borja, Jorge, David (Mateo, min.46), Ramiro, Javichu.
GOLES : 1-0 minuto 29 Albertiño ,( descanso ), 2-0
minuto 47 Juan Prado , 2-1 minuto 49 Borja.
O deste domingo
foi o partido máis solvente do Muxía en toda a tempada na Arliña, moi serio en
todas as liñas apenas pasou agobios e foi contundente nas poucas ocasións claras das que gozou.
Sigue a praga de
baixas no equipo dirixido por Papi, podemos sinalar así a bote pronto para este
partido as de David, Santi Papi, Carrera, Javi, Martinciño, Iván Lagoa, non sei
si nos deixamos algún no tinteiro. Eso
si volvían a xogar na Arliña o porteiro Ángel Luís e Cabejo, ademais do
veterano ( home para todo ) Luís Romaní que cambiou a portería polo lateral
dereito onde fixo un impresionante partido.
Cambio de sistema
nos locais, defensa de cinco que foi todo un éxito e deu outro empaque o equipo
xa que o Ameixenda so creou perigo na xogada
do gol o resto foi arranxado con solvencia polos da Vila da Barca.
No partido en si
a primeira ocasión foi un lanzamento de falta do local Pataca os dous minutos que enviou Óscar a saque de esquina cunha gran
intervención.
No minuto nove un
lanzamento de falta lonxano de Pataca era convertido en gol sin que Dimas o tocara ,aínda que o pareceu, pero o árbitro
anulouno por suposto fora de xogo, non foi fora de xogo tocara ou non tocara Dimas xa que entraron correctamente dende atrás ( o mesmo Dimas nos confirmou que non tocou o balón ). Por certo o colexiado deste
partido foi un dos máis famosos da Costa
veciño dos visitantes e que xa armou
máis de unha co Muxía como protagonista, aínda que non tivo un mal día e non
influiu no resultado, pensamos.
O partido seguiu
polo mesmo camiño , dominio do Muxía que non pasaba ningún perigo pero non creaba excesivos problemas a
meta defendida por Óscar.
Ata que os vinte
nove minutos un lanzamento longo do porteiro Ángel Luís era peiteado por Dimas para
deixar solo a Albertiño, os visitantes reclamaron fora de xogo, e facer o
primeiro gol local.
Dende aquí o
Muxía sentiuse cómodo e controlou o partido aínda máis o seu antollo,
chegándose con ese resultado o tempo de lecer.
A saída de
vestiarios foi eléctrica no minuto corenta e sete Juan Prado aproveitaba un
erro defensivo dos visitantes para poñer o segundo gol local e facer o seu
primeiro gol ca camiseta vermella.
Pero pouco lle
durou a ledicia os locais xa que un balón morto no borde do área despois dun
saque de esquina foi aproveitado por Borja para facer o gol visitante, un Borja
que xogara nos xuvenís do Muxía o ano que chegaron a semifinais de Copa sendo
compañeiro da maioría do xoven grupo que forma a actual plantilla vermella.
Esa foi a única
ocasión con perigo que os visitantes apareceron pola portería dun moi seguro Ángel Luís, que xunto ca súa
defensa pasaron e fixeron pasar unha tarde prácida os afeccionados locais solo
ca intranquilidade do curto do resultado.
O Muxía seguiu
facendo o seu xogo ben colocadiño deixando pasar os minutos. En ataque tampouco
apareceu moito e solo unha falta lanzada de novo por Pataca fixo que Óscar
mandara a saque de esquina con certo perigo.
O tempo correu a favor dos locais ata que o colexiado
asubiou o final. Quizais foi a tarde que menos apareceu en ataque o Muxía pero
nunca tan poucos agobios defensivos pasou contra un rival que chegaba como a
revelación da tempada.
Conseguirá o Muxía a próxima semana fronte o Nantón nas Fontiñas por fin encadear dous resultados positivos ?
Agradecementos a Ubaldo QPC.
Conseguirá o Muxía a próxima semana fronte o Nantón nas Fontiñas por fin encadear dous resultados positivos ?
Agradecementos a Ubaldo QPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario