MUXÍA : Luís Romaní,
Peski, Martinciño, José Manuel ( minuto 70 Castreje ), Currás, Julián, Adrián
Alcaina, Santi Papi, Albertiño, Casais ( minuto 53 Juan Prado ) e Adrián Negro.
LIRA : Garrido, Xabi (Saúl, min.60), Herminio, Pelexo, Fran Chancho, Cristian da Portuguesa, Manolo de Abelleira (Uxío, min.72), Suso Patachín, Miguel, Suso Perico (Óliver, min,79), Germán.
GOLES : 1-0 minuto 17 Casais, 1-1 minuto 25 Suso Perico, 2-1 minuto 38 Albertiño, ( descanso ), 2-2
minuto 55 entre Germán e o Peski en p.p., 3-2 minuto 63 Adrián Negro, 3-3
minuto 78 Suso Perico, 3-4 minuto 83 Suso Perico de penalti.
A falla de
puntería, os erros defensivos, os erros arbitrais e as baixas ( Dimas, Cabejo,
Iván Lagoa, Pataca, David, Javi… ) xuntáronse para que o Muxía perdera por
terceira vez nesta tempada pola mínima, curioso o tema que nos tres partidos
sinaláronlle un penalti en contra moi polémico o que ten moi descontentos os da
Vila da Barca.
Moi boa tarde en
Muxía o que fixo congregar a máis dun
centenar de siareiros no Municipal da Arliña.
Arrancou co vento
a favor para os locais e así os dez minutos Adrián Negro de forte lanzamento
dende fora do área mandaba o balón o pau. Pouco despois eran os visitantes os
que se quedaban solos ante un Luís Romaní que desbarataba a ocasión.
O turno de
réplica foi para o Muxía e para Albertiño, moi activo perante todo o partido,
primeiro precipitábase solo ante o porteiro e logo un lanzamento lateral de
falta seu era enviado a saque de esquina polo porteiro visitante.
E así os dezasete
minutos Casais pescaba un balón morto no área para adiantar os seus e facer o
seu primeiro gol ca camiseta do Muxía. E solo un minuto despois desperdiciaba
de cabeza unha ocasión inmellorable para facer o segundo.
Pero os 25
minutos un balón a banda dereita na que arrancaba en clarísimo fora de xogo un
xogador do Lira, a nosa posición era ideal, permitiu encarar o visitante e ante
o desacerto defensivo local igualar o partido.
O Muxía seguiu o
seu e así Casais gozaba doutra gran oportunidade pero enchíase de balón e
disparaba demasiado forte.
Así os 38 minutos
Albertiño loitaba un balón e conseguiuno levar a trancas e barrancas , ante a pasividade
desta vez defensiva visitante para poñer de novo en vantaxe o Muxía.
E de novo o Lira
tiña a ocasión de empatar na xogada seguinte pero novamente Luís Romaní o
evitaba, chegándose así o tempo de lecer.
Na volta dos
vestiarios Adrián Negro non foi quen de facer o terceiro gol local e así os
visitantes no minuto 55 empataban por segunda vez o partido despois dun centro que se envenenou.
E case na xogada seguinte se poñen por diante cando de cabeza e con todo a
favor erraron.
Tocáballe nadar o
Muxía e foi unha xogada por banda dereita de Albertiño quen deixou para que
Adrián Negro se adiantara a defensa e puxera en vantaxe o Muxía por terceira
vez no partido.
Pouco despois nun
saque de esquina un xogador do Lira tocaba o balón cas mans dentro do área pero
o árbitro non se atrevía a sinalar un penalti que podía abrir unha vantaxe
crucial.No 72 era Albertiño quen tiña a opción de facer o seu segundo gol na
conta particular.
Pero no minuto 78
despois dunha falta lonxana e un rebumbio no área que non foi quen de despexar
a defensa local aparecía un xogador do Lira para empatar de novo o partido.
E todo empeorou
cando o arbitro no minuto 83 pitaba unhas mans no área do Muxía, similares as
que non quixera pitar nas do Lira co lóxico desacougo da parroquia local que se
foi para a casa pensando que ante a dúbida sinalaría a favor do Lira, que a
postre supuxo o 3 a 4 definitivo.
Dende aquí ata o
final loitou con máis corazón que cabeza o Muxía que tivo unha gran
oportunidade na cabeza de Juan Prado despois de centro de Albertiño e un
perigoso lanzamento de Castreje que golpeou no seu compañeiro Juan Prado cando
parecía que collía portería, ademais dun par de balóns colgados que despexou o
porteiro visitante, chegándose así o fin do partido.
Destacar os debut
co primeiro equipo do Muxía dos xuveniles
Adrián Alcaina que o fixo como titular e de Castreje que o fixo saíndo
dende o banco. E o primeiro gol ca camiseta vermella de Casais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario