SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL FEMENINA
RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – VALDETIRES : 1-5.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia,
Myrella, Olalla, Eva, Elsa.
VALDETIRES : Iria,
Sheila, Erika, Tere e María ; tamén xogaron : Uxía, Andrea, Carol,
Diana e Jessi.
ÁRBITROS :
Esteban Otero e Xoel Castro . Crono : Alicia Castro.
GOLES : 0-1
Sheila ( descanso ) 1-1 Nuria, 1-2
Sheila, 1-3 Erika, 1-4 Sheila e 1-5 Andrea.
O Fisober non
podía ter un debut normal na Segunda División e por iso viviu un con cambio de
escenario no tempo de lecer debido a humidade no pavillón de Vimianzo o que
supuxo que a segunda se xogara no de Baiñas. A pesares do resultado moi bo
partido das locais cun resultado algo inxusto, como ben aclara o twitter oficial do Valdetires que definío o
partido como “victoria sufrida “.
O partido
arrancou trepidante cun lanzamento lonxano de Tere que se estrelou no
pau. O Fisober non quixo ser menos e tivo dúas ocasións case consecutivas por
medio de Patri e Barca.
Os primeiros
minutos seguían sendo vibrantes para o numeroso público presente en Vimianzo máis de 200 persoas. Así era a visitante Erika a que se topaba con Paula.
O Fisober non lle
perdía a cara o partido ante un equipo curtido xa en mil batallas. Co paso dos
minutos as ocasións foron sendo cada vez menos. Os dous equipos xa tomaban máis
reparo en cada acción.
O problema foi
tamén que minuto a minuto a condensación
e a humidade do ambiente empezaba a facerse patente na pista e os últimos
minutos as xogadoras comenzaban a resbalar sobre a mesma.
No minuto catorce
Patri encaraba a porteira visitante pero non era quen de superala ca súa
vaselina. E no quince era a visitante Uxía a que enviaba o longueiro.
Cando quedaban
catro para o fin o Fisober gozaba dun libre indirecto que Nuria non
aproveitaba.
A falta de dous
minutos os problemas de estabilidade xa eran maiores e os árbitros decidiron
despois de falar cos equipos, rematar a
primeira metade e tomar unha decisión definitiva o descanso.
Así a un minuto
do fin un resbalón inoportuno foi o preludio do 0-1 visitante por medio de Sheila.
Chegouse o tempo
de lecer e reunidos os dous equipos e ante os problemas para continuar en
Vimianzo e para evitar o aprazamento definitivo cos problemas que conlevaría, o Fisober ofrece a posibilidade de continuala
en Baiñas accedendo os dous equipos e os colexiados.
Desprazamento dos
equipos, colexiados e boa parte do público a Baiñas, un centenar ou máis
seguiron o equipo. Despois de recolocarse un novo quencemento case unha hora
despois de rematar a primeira , arrancou a segunda metade nun pavillón
diferente. Pero cunha afección máis entregada si cabe despois do esforzo
realizado.
E lanzouse o
Fisober na remonta do resultado, nun pavillón que coñece de adestrar cando non
pode en Vimianzo. Xa no primeiro minuto Nuria dispuña dunha ocasión.
No minuto tres a
propia Nuria lanzaba e o seu tiro tocaba nunha rival para igualar o partido
ante o delirio do animoso público.
Foron moi bos
minutos para o Fisober ante un Valdetires que parecía descolocado ante o novo
escenario. Apretaban as locais pero non foron quen de facer o segundo e poñerse
en vantaxe.
Chegaron dous fatídicos minutos para o Fisober que deron o
traste co seu bo partido, primeiro no minuto 27 cando unha combinación visitante rematou
co segundo gol de Sheila.
Aínda así a
piques estivo de igualar novamente o partido Ana pero non foi quen. E despois dous goles no minuto 28 foron
definitivos primeiro foi Erika e despois de novo Sheila as que puxeron unha
lousa sobre as locais.
Máis aínda cando
Andrea facíase co rexeite dunha falta para o un a cinco definitivo.
Nos últimos
minutos foron Olalla e Noelia as que tiveron oportunidades para reducir
distancia pero non puido ser.
En definitiva moi
boa imaxe a ofrecida polo Fisober no seu debut en Segunda División nun partido
no que dous minutos condenaron a un equipo que levaba dende o 26 de Febreiro de 2011
sen perder na casa cando o fixeran fronte o xa desaparecido Cios Vigo na súa
tempada de debut en Liga Autonómica.
Para facelo tivo
que ser un raro sábado no que tiveron que xogar en dous pavillóns. Tamén curioso que repetiron
o resultado co que no seu día debutaron en Autonómica 1 a 5 daquela contra o
equipo coruñés do Riazor.
Pero para
meritorio o da súa afección que se desprazou en masa no tempo de lecer para
vivir a segunda metade noutro pavillón distinto.
Para a Historia do Fisober quedará Nuria como a primeira goleadora en Segunda División.
Gardouse un respetuoso minuto de silencio o inicio do partido polo recente falecemento da xogadora do Diamante Rioja a xoven Bárbara Blanco.
CRÓNICA DENDE FERROL.
Para a Historia do Fisober quedará Nuria como a primeira goleadora en Segunda División.
Gardouse un respetuoso minuto de silencio o inicio do partido polo recente falecemento da xogadora do Diamante Rioja a xoven Bárbara Blanco.
CRÓNICA DENDE FERROL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario