MUXÍA : José Antonio,
Peski, Martinciño, Pataca ( minuto 46 José Manuel ), Currás, Julián (minuto 69
Dimas ), Adrián Negro ( minuto 62 Juan Prado ), Santi Papi, David ( minuto 78
Carrera) ), Iván Lagoa ( minuto 76 Casais
) e Albertiño.
CASTRELO : Roberto, Luís, Sergio, Kevin, Andrés, David (Edreira, min.46), Manolo, Jota, Litos, Estebo, Bolli.
GOLES : 1-0 minuto 27
Adrián Negro , 1-1 minuto 36 Litos de penalti, 2-1 minuto 40 Pataca, (descanso ), 3-1 minuto 49 Martinciño, 4-1
minuto 78 Casais.
Pouco que
destacar do partido nunha pouco apacible tarde na Arliña, no que o mellor para o Muxía foi o
resultado ante un rival que pouco inquedou.
Comenzou o
Castrelo co vento a favor e froito deso Litos tentou sorprender dende lonxe a
José Antonio os cinco minutos, e deulle un susto.
Aínda co vento en
contra o dominio correspondía o Muxía sobre a maltreita herba da Arliña. Os 17
minutos un balón o espazo chegaba a Iván Lagoa que superaba por encima o porteiro na súa errónea saída
pero coa desgracia que botaba demasiado e pasaba por encima do longueiro tamén.
Ata que os 27
minutos Adrián Negro aproveitaba un balón no área para poñer en vantaxe os
locais.
Seguiu o dominio
local , pero un balón longo e a indecisión do porteiro e da defensa provocou
que o balón chegara prácido a Litos que provocaba penalti, os visitantes
reclamaron tamén expulsión. O mesmo Litos encargouse de transformalo para poñer
o empate os 36 minutos.
Os corenta
minutos froito aínda do cabreo do gol visitante o xogador local Pataca probou
sorte dende lonxe e o seu disparo foise o longueiro e tocou un pouco no
porteiro para mandar os seus o tempo de lecer en vantaxe.
Na segunda metade
co vento a favor o Muxía dominou totalmente o partido pero sin moito xogo e os visitantes apenas
inquedaron a un José Antonio inedito nesta segunda metade.
No minuto 49
Martinciño pescou un balón na frontal para poñer o tranquilizador 3 a 1.
Dende aquí os
xogadores locais fixeron a guerra pola
súa conta na busca do gol sen conseguir nada de proveito.
Solo no minuto 78
Casais que apenas levaba un par de minutos no campo poñía o cuarto gol local.
O Muxía conseguiu
un bo resultado pero non gustou como en xornadas anteriores e da a impresión de
ter moitos xogadores renqueantes lonxe do seu mellor estado físico, ahora que
lle toca xogar contra 3 equipos debutantes. Castrelo esta semana e nas
próximas, Baiñas e Ameixenda.
Sinalar que
Cabejo foi o que dirixiu os locais xa que Papi non podía nesta xornada. E que o
árbitro adicouse os primeiros minutos a andar máis atento a si había xente que
non debía nos banquillos, que si non podía haber entre banquillos nin a menos
de 15 metros deles en vez de atender o que realmente importa que é o xogo. Nun
partido que foi moi tranquilo.
Datos do Castrelo gracias a Ubaldo QPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario