SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – TECUNI BILBO.
3-7.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Elsa,
Olalla, Ylenia e Eva.
TECUNI BILBO :
Jou, Laura, Isa, Esti e Aroa ; tamén xogaron : Almu, Di, Vicky, Altea, Saioa e
Eva.
ÁRBITROS : María
Corrochano e Jesús Montero ; Crono : Berta García.
GOLES : 0-1 Esti
; 0-2 Aroa, 0-3 Vicky, 1-3 Barca , (
descanso ) , 1-4 Esti, 1-5 Vicky, 2-5
Elsa, 2-6 Aroa, 2-7 Aroa, 3-7 Patri.
O Tecuni Bilbo
chegaba a Vimianzo ca obrigación de ganar senón quería deixar escapar as súas
opcións de título na xornada 3 e así o fixo, amosando as credenciais do grandísimo equipo que é .
As bilbaínas
saíron a por todas cunha presión asfixiante e a busca das locais. Así xa os
tres minutos era Esti a que tiña a primeira ocasión.
Pero si o Fisober
conseguía combinar e saír da presión tamén creaba perigo e así foi os catro
minutos por medio de Nuria. Pero nese mesmo minuto Esti non desaproveitou unha
contra para poñer o primeiro gol visitante.
Por terceira
xornada consecutiva tocáballe remar as da Costa, os minutos pasaban sen
ocasións destacadas para ningún dos dous equipos.
Mediada a
primeira metade tomaron de novo o mando as visitantes, primeiro Di mandaba o pau
, e despois tiña que ser a porteira local Paula a que desfixera cas súas
intervencións dúas ocasións clarísimas visitantes.
Todo estivo a
piques de cambiar os trece minutos cando Ylenia tivo preto o gol.
E claro as do Tecuni non facían moitas
concesións e primeiro Aroa nunha triangulación os catorce minutos e un minuto
despois Vicky poñían un duro cero a tres, e casi Di fai o cuarto.
Nestes últimos
minutos melloraron algo as locais ,tiraron de casta e Patri case consigue
reducir diferenzas.
Quen si o logrou foi Barca a vinte segundos do tempo de
lecer despois dunha gran combinación de
todo o equipo para poñer o 1 a 3 e abrir un raio de esperanza.
Algo que se truncou a saída de vestiarios cando un
erro defensivo supuxo o cuarto gol visitante por medio de Esti. Tentou
respostar a seguinte Nuria pero non logrou o seu obxectivo.
Foron pasando os
minutos sen un dominador claro, ocasións nos dous lados desbaratadas polas
porteiras, eso si os minutos corrían a favor das visitantes e máis cando os
oito minutos desta segunda metade de
novo un erro e a mala sorte que acompaña o Fisober en todos os rexeites esta
tempada provocaba que Vicky fixera o quinto.
Despois deste gol
chegaron de novo uns bos minutos locais, con ocasións claras para Noelia e
tamén para Elsa. Unha Elsa que conseguía marcar no minuto trece.
Pero cada vez que
se acercaban as locais resposta inmediata visitante e nos minutos dezaseis e
dezasete Aroa marcaba dous novos goles.
Os últimos
minutos o Fisober tentou facer algún gol máis con Patri como estilete, unha
Patri que marcou un gol e tivo dúas magníficas ocasións nos minutos finais.
Como notas
positivas para o Fisober do encontro
destacamos a volta en partido oficial despois de seis meses e medio lesionada de Elsa que ademais o fixo co seu
primeiro gol en Segunda División, outra que tamén fixo o seu primeiro gol en
Segunda foi Patri.
Visión dende Bilbao.
Visión dende Bilbao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario