SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : STILO
BERRIO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : 7-5.
STILO BERRIO :
Tatiana, Eztizen , Laura, Aiiziber e Sara ; tamén xogaron : Giouri, Eukene,
Alaitz, Enara, Debora e Marta.
FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén
xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla e Eva.
Árbitros :
Valeriano Calleja e Francisco J. Muñiz. Crono : Tania Santos.
GOLES : 1-0 Sara
, 1-1 Barca , 1-2 Noelia, 1-3 Noelia , 2-3
Sara, 3-3 Sara, 3-4 Nuria (descanso
) 4-4 Eztizen, 5-4 Enara, 6-4 Eztizen, 7-4 Laura,7-5 Barca.
De novo “dous
minutiños” malos privaron o Fisober de traer algo positivo do seu primeiro
partido oficial fora de Galicia. Foron dous malos minutos o comezo da segunda
metade no que recibiron tres goles os
que decidiron un partido tolo en Bilbao,
ante un equipo local moi físico.
Non podían
comezar peor as cousas xa que os dous minutos se adiantaban as locais con gol
de Sara.
Tratou de respostar o Fisober pero Barca non conectou co calcaño un
disparo de Nuria con todo o seu favor.
As locais facían
perigo de calquera perda de balón e así os seis minutos Paula tivo que salvar
unha contra de dous xogadoras vascas
contra ela.
Pero o Fisober
pareceu coller o tono do partido os sete minutos cando Barca igualaba. E nese
mesmo minuto apiques estivo de marcar tamén Patri. As bilbaínas tamén tiveron a
súa opción nese mesmo minuto.
O Fisober púxose
en vantaxe cando os oito minutos Noelia marcaba gol no primeiro balón que
tocaba .
Eran os mellores minutos das da Costa , Nuria case amplía vantaxe e os
nove minutos despois dun lanzamento o longueiro de Barca e dunha carambola foi
Noelia a que puña o terceiro gol visitante.
As locais deron
un paso adiante e Sara facía o segundo gol os doce minutos. E no dezaseis era
Eukene a que mandaba o longueiro. E claro de tanto roldar o gol pois chegou de
novo por medio de Sara para empatar o partido a tres minutos do tempo de lecer.
Aínda así o
Fisober foise en vantaxe o intermedio despois de que Nuria marcara o cuarto
para as visitantes a segundos para o fin.
O tempo de lecer
foi prexudicial para as da Costa, os tres minutos Eztizen empataba de novo. E
na seguinte casi consigue o quinto pero atopouse con Eva despois dun rexeite
dun lanzamento de Aiiziber o longueiro.
Eran os “dous minutiños “ malos do
Fisober, e así os cinco minutos Enara poñía en vantaxe as vascas e nese mesmo
minuto Eztizen facía o sexto obrigando as visitantes a pedir tempo morto para
parar a sangría.
Minutos de
transición sin apenas ocasións ata que Laura facía o sétimo cunha excelsa vaselina sobre Eva a falta de sete
minutos.
Parecía todo perdido pero apareceu a raza do
Fisober para tentar o imposible. A falla de seis Barca facía o 7 a 5 que
permitía crer. E nese mesmo minuto a mesma Barca de novo erraba co calcaño.
Con tres para o
fin Eva facía unha parada que permitía as súas seguir no partido. E a falta de
dous Nuria tivo a opción para o sexto con todo o seu favor non foi quen de logralo nunha xogada na que as visitantes
pediron gol pantasma e penalti, gol non foi e penalti quizáis, ante unhas
xogadoras locais que se lanzaron para evitar o gol.
Nos últimos
segundos un remate co calcaño de Myrella foi salvado por unha xogadora local
baixo paus.
En definitiva
segunda derrota do Fisober na tempada despois dunha longa viaxe a Bilbao, nun
partido que finalmente si xogou Nuria e no que foi baixa Elsa. E que trouxo
dous novos nomes que se estrearon como goleadoras en Segunda, os de Barca e
Noelia que o fixeron por partida dobre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario