jueves, 19 de diciembre de 2024

#WorldCham9ions , a cuarta Intercontinental.

 Pois o Madrid acadou onte o quinto título do 2025 un "pequechiño", pero como dixemos nestes lares no seu día aquí celebramos todos, non sabemos cal pode ser o último e sempre adicados.



O tan criticado Carletto nesta conta levouse no 2025: Supercopa de España, Liga, Copa de Europa, Supercopa de Europa e onte a Intercontinental, case nada. Con quince títulos é o adestrador máis laureado do Real Madrid, pouca cousa tamén. Seguimos pensando que fai cousas mal, pero claro a base de títulos vainos calando a boca un pouco, porque aquí se temos tempo non somos de calar, ben o saben nos grupos de Whats nos que falamos de fútbol. Fixo Carlo o 2017 de Zizou, o italiano caeu naquel partido de Copa co Atleti e o francés fora en Vigo senón recordo mal.

O tío parecía que se lle fora o plantel, pero co seu liderazgo algo fai que ten a moitos contentos. Porque na Champions estamos como estamos e en Liga leva case os números cos que se chimpou a Benítez, od mesmos cun partido menos, a veces como están os rivais tamén che da vida.

Flo tamén vai ben de títulos, creo que 65, con 37 en fútbol e 28 en basket.

Cuarta Intercontinental para o club, con outros cinco Mundialitos penso, porque con tanto troco de nome xa non sabemos como vai o conto.

Que si que o partido foi coma unha pachanga de verán desas para facer caixa, pero claro para chegar ata ahí, houbo que cargarse antes a B. Dormund, Bayern, City, RB Leipzig, Napoli, SC Braga e Unión Berlín, case nada media Bundesliga, o equipo do inventor do fútbol..... Así que non vos enganen que o camiño non é fácil, celebradea un pouquiño polo menos.

O inicio foi lamentable coma a maioría deste ano, quizais o peor, pero claro a medio gas chegou. No arrinque, divagando polo céspede.  Non vemos esa alineación moi factible para grandes partidos, forzando a crear a Jude, que xogadorazo, e cuns laterais que non dan o nivel, como será que comparado con Lucas, Fran parece moi potable. Temos un grave problema nas bandas, difícil de solucionar. Non merecerá unha probiña Jesús Fortea, ou mesmo Loren Aguado que non nos gusta pero é lateral. Igual sorprende coma Asencio que xa desapareceu. Prefire descolocar a Tchou que darlle un posto, vaia balón se comeu no remate de Rodón. Porque nin Tchou é central, nin é un xogador de 80 kilos. Rodrygo tampouco é xogador de banda por certo, é un case dez.

Senón queren gastar que proben un chaval, senón outra opción que damos é traer a Miguel, que non lle gusta a Carlo por certo, e que xogue Mendy en dereita, facer algo, porque o de Lucas doe e moito. Porque as opcións Arnold e Davies, sinceramente cada vez vexoas máis lonxe, e a saber como vai voltar Carvajal, e Asencio vaille arranxar o problema do central de momento que senón outro furado bonito. Pois aposta polos rapaces Carlo. Porque xa temos asumido que o Madrid non vai ir ó mercado para reforzar o lateral dereito.

O noso gran problema é a carencia de medios bos de verdade que marquen a diferencia no xogo. O pouco que nos da Lukita e Ceballos. Como será o tema, que ata Ceballos parece mellorar o equipo. Botamos moito de menos a Kroos e como axudadba a respirar ó equipo, os compañeiros tiñan un pase seguro e eran máis felices. Modric se o partido é tranquilo e non ten que facer unha presión descontrolada obrigado a correr por todo o campo é o mellor. Senón igual hai que poñer a Guler ou Ceballos e sacrificar a Rodrygo posiblemente, para que non recaía toda a creación en Jude, que é un superclase pero non pode facer todo. Porque Jude, Rodry, Fede, Lucky e Frangar, necesitan un xogador asociativo que os libere, necesitan algo coma Kroos ou mellorar no traballo colectivo.

Que bonito foi tamén ver ó árbitro dirixirse a todo o mundo explicando a súa decisión en directo, non se pode aplicar aquí, iso? 

Por certo o Chuflas padrea, pero o Vini provoca, temos que actualizar o tema ese tamén. O Vini que gañou o Best ise, como sempre digo, os premios individuais nos deportes colectivos pouco din. O importante foi que Vini axudou ó Real Madrid a levarse cinco títulos no 2025, ise é o The Best, real, o resto patrañadas.



Pero como dixo Vilarino no seu día:

"E para os madridistas da miña quinta, iso é ser moito, por iso esta noite voume a dormir cun sorriso de orella a orella. Con imaxes do pasado que tan feliz me fixeron e outras que curtiron o carácter do club e dos seus siareiros. Sabendo que mañán cando vaia a traballar serei a persoa máis feliz do mundo e algo tocaralle aos demais. 

Din que o fútbol é a cousa máis importante das cousas menos importantes, pero ai amigo , como che cambia a cara unha final. Non falei con el, pero sei que meu pai estará tan contento coma min, e mañán aínda máis, así que outro bo motivo. Sorrir polo que as viviu todas e polo que chorou ( por primeira e última vez ) na Sétima porque pensou que nunca vería unha. 


Sorrir porque hai mil motivos e mil persoas que o merecen. E a todas a fai sorrir esa mesma camiseta máxica. Unha final máis señores e eu sigo sen comprendelo. Hala Madrid ! "

#RealMadrid #RealMadridCF

Anteriormente:

Un pouco sobre fútbol.

E agora que?

Sentimento mundial.

# W8rlChampions

Mundialito 18.








No hay comentarios:

Publicar un comentario