Onte falamos de basket e de como lle afecta o tema do Bernabéu hoxe tócalle ó fútbol.
Vamos cunhas fabiñas que vamos a prantar aquí:
A forza do Madrid radica en que é un club popular. Por moito que fastidie é tan simple coma que supera fronteiras, fixo feliz a moita xentiña en todo o mundo e claro iso supón un reto constante.
O que promulga a historia do Madrid é que somos un club libre de ataduras tácticas e que entende o fútbol dende o xogador, non dende o técnico. E chegado o momento chave o triundo está por enriba de todo. Somos un club de épica, máis ca de lírica. Pero claro nestes momentos temos ó Carlo atando os xogadores, xogando ó catenaccio, sin axudalos nada na táctica, desastre asegurado, porque está a utilizar a Jude de axudante do lateral por exemplo.
Carlo, non temos auga, nin fideos, pero si carne, chorizo e patacas. E vai Carlo e danos sopa de primeiro, sopa de segundo e sopa de postre.
Non temos un peso, pois a tirar da canteira, nos seus postos. Non pode ser que nos vendan que si Fortea e non xoga nin no Castela. Non pode ser que Asencio queda e vai Carlo e o probe de lateral. Podo entender que non queira queimar os rapaces en Champions, pero na liga ten que probalos. O que non pode descolocar cinco xogadores por non poñer un rapaz.
Sinceramente Laporte gústame de sempre, pero non vamos a pagar traspaso por el, nin pagarlle unha pasta. Tah penso que non vale para o Madrid. Esta lama é por non querer fichar un central no verán, porque on apretamos por Yoro ou por Califiori, senón queríamos fichar porque non quedamos con Marín. Ou un central brasileiro dos de Juni, quen sabe. Se Carlo non quere rapazada, e non temos un peso, non pode ser o capitán para este barco, así de simple.
Como levo repetindo fai varias semanas para min Fortea, Chema, Cristian David, son xogadores do meu gusto. Que si Carlo quere a Loren ou Asencio, pois ben, pero hai que darlle minutiños. Coma a Guler ou Endricki. O domingo xa tiña que xogar Endricki que estivo todo o parón aquí e darlle descanso a algún dos que viaxou para Anfield.
Se queremos españolizar, que mellor ca probar ós nosos, total os de fora non chos van vender, xa sabemos como nos queren.
Igual era máis necesario un medio e un central no verán que gastar todo no sapoconcho que levaba sete anos rindose de nos. O do central sabíao calquera vaia.
Agora cada día dinnos, os centrales son Rudiger, Tchou, Asencio e Alaba que volve en xaneiro. Dirán o fichaxe é Alaba e se vamos mal, contarán que xa temos falado con tal ou cal para o verán, fume vaia. Deses que sonan solo me enche o ollo Hato, de Tah xa nin falar, Saliba que é o mellor non cho van vender e Lukeba non me gusta tampouco.
O Madrid basa a súa política de fichaxes en oportunidades de mercado, rapaces con pintiña, xogadores libres e cracks. Firmamos a Mendy porque Flo estaba namorado de Zizou, foi un superdefensa e aínda así o club arrepíntese cada noite que xoga. Ó Madrid non lle sobran os cartos e prefire invertila en cracks. Pois dos libres igual é máis necesario Kimmich que pode xogar de medio e lateral, que Davies, Arnold pois ben. Igual hai que reforzar outros sitios en non pensar en Florian por exemplo. Necesitamos un Zubimendi, pero claro fichar da Real despois de Illarra e Odriozola, da moito medo. Os Jovic ou Tchou están saíndo fatal. Si a Premier infla os prezos do mercado intermedio e solo podes ir a por Judes ou axentes libres, cobran vital importancia ponderar os Guler, Endricki e a canteira. Non queda outra e non é malo.
Temos a Tchou no modo de xogador de Emerson o Puma coma centrocampista, polo tanto unha solución pode ser pasalo a central coa falla lle xogadores que temos alí e darlle voo a Camavinga que normalmente fainos xogar mellor.
Tamén temos un grave problema con balón non sabemos por onde nos ven o vento. Sobre todo a liña defensiva que non sabe se achicar, recuar, ir xuntos, cada un o seu .... Tamén temos un grave problema cando non temos o balón.
O Madrid é unha entidade máxica, unha institución que a veces nos fere a nos mesmos, foi tan bonita a despedida de Kroos que non supemos ver o problema co balón. Logo está a visión da directiva que nos filtra que o recambio de Kroos está na casa, un plan texido con calma durante anos, pero vai ser que non.
No momento no que os xogadores non van a cen por hora somos un equipo sen recursos moi endeble. No Madrid ves xente que controla, xira lento, dudan, levantan a cachola para despois pasar cara atrás a medio metro por hora. Eso afunde os teus xogadores e os rivais véñense arriba.
Temos que asumir que gran parte das solucións radican en mudar o modelo do banco. Non todo pode ser fichar xogadores xeracionais, xogadores libres e que surxa un medio e un central. Convertemos en dar un espazo a rapazada e sacar xogadores da canteira nun asunto de primer nivel, cando debería ser a prioridade na situación que se atopa o club. Neste ambiente, aumentado exponencialmente por un mister que non vai co tema, pois os problemas aumentan.
Carlo guiouno todo o talento individual, confiouse e agora non sabe enderezar o rumbo. Os xogadores perderon confianza, están frustrados, non están cómodos. Claro eso provoca un circulo vicioso do cal non somos capaces de saír. Hai que romper a baralla por algún sitio, mudar os xogadores que saltan o campo, ou mudar o técnico, non queda outra. Non todo é físico como estamos a ver cos problemas que teñen Brasil ou Francia e o ben que está a funcionar España, ter algo de pe axuda, parece, hai que saber mesturar.
Sabemos que esta tempada coma no basket ou a lía gorda Carlo ou vai seguir, pero para o ano, deben mudar cousas. Ollo que en Champions vamos a Liverpool e a Bergamo, dúas derrotas deixannos o pase moi complicado. Así si que pode caer, porque Europa a Flo si lle fastidia, ademais xusto despois tería a Intercontinental, unha triple caída co Nadal despois ollo.
Vamos a ver como apaña esta semana con baixas, para escribir un pouco máis.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario