domingo, 10 de noviembre de 2024

E agora que?

 E agora cara onde ten que camiñar o Real Madrid, con tanta baixa e lesión de longa duración sobre todo na parte traseira. 



Que facemos fichamos ó que tiñamos pensado para xuño, unha cesión, repescamos algo noso, ou tiramos de canteira. En difícil situación están agora na directiva porque ademais van ter que pagar e moito por non traer nada no verán, van estar esperándonos ca escopeta cargada. O Madrid é unha entidade moi conservadora , cada ano máis, algo bo en termos de estabilidade pero podes rematar en carreixos coma os de este ano.

Agora polo menos temos que fichar dous xogadores ou incluso tres. Dos que son da nosa corda temos a Mario Gila como central no Lazio, Rafa Marín no Nápoles que non está a xogar. Despois A. Jiménez coma lateral dereito no filial do Milán e Miguel como lateral esquerdo en Girona, ou repescar un medio coma Blanco para baixar definitivamente a Tchu que por certo está lesionado.

Pero veña un fichaxe ou corenta o Carlo vai ser chave, sobre todo ata xaneiro vai ter que mirar a canteira. Asencio ou Jacobo no central, Fortea ou Loren no lateral e Cristian David ou Chema no medio, hai que usalos para descansar xente e que non rompan todos.

Necesitamos dous centrais de presente e futuro, quedamos sen centrais, Militao e Alaba dificilmente voltaran o seu nivel. Non apretar máis por Yoro ou por Nacho vainos costar, 140 kilos porque agora é o que nos van pedir por dous centrais.

Con Militao non podemos falar de mala sorte viña de lesión grave e xa o forzamos o ano pasado por andar pelados, este xa sen descanso, despois pasa o que pasa.

Igual os partidos gordos de Champions tenos que xogar Fede de lateral pero en Liga hai que poñer un chaval, temos que foguealos, porque a Liga está perdida. Fede como paraugas para todo, para tapar a un adestrador cobarde, e para tapar as carencias do plantel.

Si tes a Pepe, Ramos, Varane, Nacho, Carvajal, Marcelo, Coentrao é lóxico que non suban rapaces, con Rudiger, Vallejo, Fran e Mendy tes que subir amigo, non reparchear.

A xente parécelle mal que pida xogadores de inferiores, deben preferir que xogue Vallejo, ou Brahim de lateral. A xente ponlle quizais a calquer rapaz de abaixo pero quere traer xogadores semiretirados ou xogando en ligas menores.

Como vamos a convencer así o seguinte rapaz que prometa se parece imprescindible telo dous anos chupando banqueta e logo xa se verá, así tiramos pedras contra o noso propio teito.

Tamén vos digo que centrar o cabreo en Tchou é querer minimizar o problema de fútbol e conceptos que ten o equipo. Tchou con Kroos o lado non sentía a presión de darlle sentido ó xogo e cando o conxunto rival  quería presionar ía a tapar a Toni  o que lle facilitaba o francés tocar e pasar bola. Así era moito máis fácil xogar, estar tranquilo e concentrarse.

Por iso é tan importante a confianza, sentirte mellor co rival, ter gañas de xogar ó fútbol. 

Cada partido do Barça de Flick é unha puñada na faciana ó Carlo. E nos con carencias e non tiramos dos rapaces, en cambio os de Hansi paseando coa rapazada. Así é difícil soster o discurso para os ofis. Para meter a un chaval hai que ter contexto, nivel e confianza real nel, pois Hansi dallas.

No fútbol o peso do adestrador cada vez é maior, hai que telo en conta. O super Messi en Arxentina con bos xogadores non funcionaba, porque non tiña un bo entramado, eso pasa no Madrid, temos todo mal montado, con Cama somos mellores normalmente pero o mister poñe a Tchou antes. Cas lesións eu pasaba a Aurelio o posto de central sinceramente. Hai que buscar Camas ou crealos, non queda outra.



Hai que rotar arriba e poñer rapazada no medio de veteranos abaixo, non queda outra. Sempre digo que Endricki e Guler merecen máis, coma pasaba con Brahim o ano pasado, hai que usalos e darlle confianza a ver si valen, cos rapaces igual. Porque senón, esquéncete de fichar a ningún prospect.

Nos últimos días xa escoito a xente que apoiaba ó Carlo dicir que igual chegou o momento de mudalo, algo que levamos avisando fai tempo aquí.

Sinceramente non sei por onde vamos a saír desta, si vai descolocar os xogadores que ten, ou vai tirar de rapaces para o posto de central e lateral, interesante vai estar. Si vamos fichar en xaneiro, cesións.....

#RealMadrid #RealMadridCF

Anteriormente:

Punto de inflexión.

O Kirk.

As redes falan.

Apuntiño 24-25.








No hay comentarios:

Publicar un comentario