Florentino xa tería ideadas dúas ideas para combatir o problema do ruido no Bernabéu, nos concertos e incluso nos partidos.
De todos é sabido as denuncias que lle está a xerar por parte dos veciños o ruido en días de concertos no Santiago Bernabéu. Polo que o club xa leva uns meses traballando nelo e xa case ten lista a medida definitiva.
Mediante un contrato con Microsoft e Apple vai crear o Bernabéu de Capacidade Infinita. Con este acordo os siareiros que non podan ir ó estadio, teñan a posibilidade de ver os partidos dende a súa casa con gafas de realidade virtual, con diferentes prezos según o zona do campo onde queiran ver o partido.
Pero non solo eso xa que para evitar as denuncias polo ruido nos concertos vai facer o mesmo pero con auriculares para escoitar os concertos en vivo co que cada persoa vai escoitar o que queira e ca potencia que queira, ou poder vivir un concerto tamén dende a súa casa. Cunha saída de volume directa ó auricular apenas producirá ruido fora das instalacións do Real Madrid.
Florentino novamente supera o futuro.
Pero aínda ten un plan B, xa que cun sistema parecido ó hipoxeo, traballa en poder facer levitar ó Santiago Bernabéu uns dez metros sobre o chan, co que trocaría a lei de ruidos do Concello, pola lei de ruidos de seguridade aeroespacial moito máis permisiva. Pero esto tan solo sería un plan B, por se non funciona o Bernabéu Infinito de realidade virtual.
E un plan C, que é falar co Atleti para saber como a prensa cala o tema dos veciños protestóns e ter o verán cheo de concertos, como acadaron 265.000 metros cuadrados a 75 anos por 54 kilos e a concesión dos parkings para vender xunto cos abonos.
Anteriromente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario