sábado, 28 de diciembre de 2024

Operación turrón.

 O Muxía busca coma aquel famoso anuncio de turrón: " Volta a casa volta polo Nadal."

 


Pois nesas anda e ten moi encamiñados os regresos xa para este mes de xaneiro de varios xogadores. Ademais beneficiase da lei de amnistia de Rafael Louzán polo seu recente nomeamento coma presidente da RFEF, e co beneplácito do que será novo presidente da Galega, Pablo Prieto.

Con esta amnistía poderán xogar en clubs da mesma categoría nunha mesma tempada aínda que pase do mínimo de partidos, tamén podes voltar o teu club de orixe aínda que non pasaran os meses mínimos e incluso a idade mínima para xogar en categoría senior vai ser de catorce anos, polo que o Muxía verase beneficiado de diferentes maneiras.

Pois en principio os xogadores que teñen apalabrados son: 

Álex Sánchez que actualmente milita no Sofán. Tamén Lucas Toba do Dumbría. Do Dumbría tamén virían os xuveniles Antón Pose, Hugo Haz e Javi.

Pero non solo estes tamén voltarían ó fútbol Martín xa que voltará a residir en Muxía a partires de xaneiro e Hugo Sambad para competir un posto e axudar na portería.

E o fichaxe bomba parece que vai ser Raúl Lema, que logo do recibimento que tivo no homenaxe de fai uns días, quere xogar no Muxía ata fin de tempada, algo que se está a negociar co Deportivo.

Tamén poidemos saber que en principio se está a traballar para que o Trofeo Manolo Martín se volte a disputar na Arliña. Todo parece indicar que así será e que se enfrontarán o xuvenil do Real Madrid que dirixe actualmente Álvaro Arbeloa fronte ó Muxía dado o nivel que ven de amosar nos últimos meses.

Pero non solo se vai fichar para o senior masculino, tamén se fará para o feminino. Tamén se vai pescar en Dumbría, dalí chegarán a xogadora de Merexo e  pichichi Eva Lema, Yaiza Sar e Sheila Rey. Tamén se está a traballar no fichaxe da xogadora de Quintáns , Nuria Paz que actualmente milita no Amio - Cobre San Rafael de fútbol sala.

Igualmente se está a traballar no que sería o primeiro Trofeo Manolo Martín feminino no que xogaría un equipo pertencente ó Real Madrid, posiblemente tamén o feminino, pero aquí non está claro aínda se sería fronte ó Muxía ou unha selección costeira.

Tamén se está a traballar para que Adrián Negro sexa o coordinador de metodoloxía e preparación física.

Anteriormente:

No 2023.

No 2021.

No hay comentarios:

Publicar un comentario