Aínda que para ser realistas de ambas cousas xa avisáramos con anterioridade do que podía pasar, do partido a principio de mes e do BdO en xullo.
Aquí víamos a tempada perdida e confiamos que todo o sucedido está semana sexa unha motivación extra para saír deste pozo no que estamos. Se despois do de Vini, esta xente non saca orgullo para voltar a reventar todo, xa non sei que podemos facer. Momento de unión, forza, reflexión e voltar. A ver si espertan da tempada de letargo.
Por certo que polo balón de ouro salgan as rúas a nivel mediático e polo desastre do sábado e o xogo que estamos a facer estes meses pidan calma, paréceme unha tomadura de pelo.
Momentos para que un se faga máis madridista se cabe, esa sensación de ir contra todo e contra todos, que tanto gusta por aquí. Esos antis que salen da coviñas. E queda o sábado en Mestalla. Un servidor era dos que en principio propoñía non levar a Vini para ese partido, pero o rapaz ten que amosar cousas no campo máis bravo para el no mundo, vai ter que soportar os berros de Vini balón de ouro, e non picarse, si sale como gañador do sábado, pode calar moitas boquiñas e poñer unha pedriña máis cadaleito. Deste luns ten que saír unha conxura para arrasar con todo nos campos, darlle vida o espírito de solos contra todo coma fai dous anos o ano das remontas.
Vamos co sábado primeiro:
As veces co Madrid caeu en fora de xogo é de equipo amateur. Parece mentira que lle pasará a un compoñente do mítico Milán de Arrigo que lle fixo o mesmo o Madrid da Quinta, non ten xeito, sobre todo porque aquel Milán era cousa fina.
Despois temos a Jude xogando de "lateral" tapando os ocos de Lucas, o xogador o que lle fixemos un esquema o ano pasado para que se lucise, este ano de bombeiro, non entendo nada. Quizais por iso doe tanto.
En tres anos é o segundo cero a catro que se come o Carlo, este con Iñigo e Cubarsi de centrais, con Casadó, Fermín.... , xogando ó fora de xogo.....
Si poñes medios físicos para impoñerte, pero como perden moitos balóns, pasan o partido correndo para recuperar a bola, ollo con iso tamén.
Perdemos moita xerarquía atrás tamén, Carvi, Nacho, Alaba e Toni é moito conto e non trouxemos a ninguén e non lle axudamos tacticamente. Fede e Tchou son bastante redundantes, Militao e Rudiger tamén, xogamos con moito músculo pero con cromos repetidos.
No pais que máis e mellores medios xenera nos últimos anos, nin sacamos un da Fábrica, nin fichamos un español, dende Xabi non pescamos un bo.
Aquí non esquencemos todo o que nos fixo o sapoconcho, polo tanto é o xogador do equipo que máis lle esiximos, por certo, sigue mudo dende sábado, e dos poucos que non defendeu a Vini. Por favor máis minutos para Endricki e Arda. Sapoconcho hateado de momento. 40 minutos na liga creo que leva Endricki, dende o día do Alavés leva 3 penso, cero en tres partidos. e non é da Fábrica. Por certo o sábado entrou antes Brahim despois de lesión longa cos rapaces, como para querer seguir.
Como dixemos no seu día, o adestrador non cre no plantel, a directiva non lla vai modificar, a ver como arranxamos isto. Que xogador está optimizado? Non hai un solo que rinda cerca da súa mellor versión, Vini non vale porque vai por libre.
Tamén podemos falar de fútbol. De coma cun troco desbarataron todo. Da ocupación de espazos, de tirar mal o fora de xogo, de non saber ler que che fan sempre a mesma xogada, de non reaccionar. De Lucas Vázquez sacando o balón parado. O pobre de Lucas que sale en todas as fotos dos goles, nos laterais temos outro boquete, con Mendy nun nivel lamentable. Pero nin Fortea vale, nin vale Miguel, non vale ninguén da casa, pois pecha a Fábrica meu.
Xa non vale a escusa de que faltan Edu e Jude para poñer dobres laterais e outras cousas raras que fai o Carlo. Moi ben o de darlles confianza ós teus xogadores e liberdade, xenial. Pero claro si o equipo non ten clarividencia, igual xa tes que empezar a choiar no táctico. Vedes o traballado que ten Flick o Barça e queda retratado. Igual o adestrador si que importa.
O peor que lle pode pasar a un cobarde é obter os mesmos malos resultados ca un valente ou peores.
Sodes conscientes de que estamos queimando a Jude, Endricki e Guler, por ter contentos os de arriba, verdade? Realmente os xogadores están con el? Igual os líderes, porque lles da todo, como digo outros cada vez máis van estar ata os mismisimos, tempo o tempo se non muda algo. E o libreto de Carletto ten menos páxinas ca un libro de párvulos. Lukita xoga ahora con 40 tacos máis minutos co ano pasado, pensade neso. Que sería de Endricki e Guler con Flick?
O sábado sacou do campo a Camavinga que era o único que estaba a ser un xogador do Real Madrid, igual para evitarlle o bochorno, outra razón non vexo. Facer trocos no tempo de lecer debe estar prohibido tamén.
No Madrid ten que fastidiar cada derrota, así se acostuma un a gañar. E o público ten que esixir, apoiar, asubiar cando crea convinte.
Aquí se un mister que está para xubilarse, con todo feito no fútbol, este actuando así, tan conservador, hipotecando o potencial da rapazada para salvar cada partido dende o inicio de tempada paréceme un fraude o madridismo.
Do balón de ouro pouco vamos a falar, ben por Rodrigo que o levou, como sempre digo o que importa son as copiñas na casa, os premios individuais nun deporte colectivo de pouco valen. Apretar os dentiños e facer partidazos non queda outra.
O cal non quere dicir que lla quixeran liar o Madrid e deixarnos en evidencia, manda truco que nos avisara o City. Por certo Rodrigo non ía ir a gala, con iso digo todo e non digo nada. Un novo ataque contra o Madrid, é o único club do planeta que esta en guerra e xuizos contra case todos os estamentos do fútbol, téñennos gañas, está ben, hai que loitar e gañar co sorriso na boca, pero ca espada tamén. Cando vos digan que Flo controla todo, lembrade isto e o tema dos conciertos no Bernabéu, que non vos vendan milongas.
O pobre Rodrigo o que o Lucho pasou a central para poñer a un mito sen folgos. Rodrigo non ten culpa de nada, non nos trabuquemos. Unha cousa digo, se non fomos onte porque nola xogaron, non temos que voltar a ir a ningunha gala, e se non fomos porque non cremos no premio, tampouco temos que voltar.
A ver si foi o punto de inflexión ou tan solo días de fume, porque no Carlo xa non confiamos, poña os rapaces señor.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario