miércoles, 9 de octubre de 2024

O Kirk.

 Na pasada madrugada vimos de sufrir en Galicia o temporal Kirk, no Real Madrid está a pasar algo parecido cas lesións na zona defensiva e pola pouca importancia que semella que lle da a diretiva. Hoxe atopei uns minutiños para deixar unhas palabras no blog.



Fai uns días falanda sobre o Madrid decíame un coñecido madridista que dirixe un bar na zona vella, gran coñecedor do club e da canteira. Que vía que Carlo perdera o "flou" co vestiario e que andaba perdido. Non sei si Carlo teme polo posto pero en cada rolda de prensa paréceo, tirando pedriñas ós xogadores, que por certo nin caso lle fan. Cada ano é máis cagón. Cada partido vémolo un pouco máis defunto.

Está nervioso e cabreado porque pensaba que ia seguir co "flou" solo, pero amigo hai que tirar de libreto, aportar algo no táctico. O Carlo está incómodo. Co plantel que lle deixaron, porque non se ve capaz, porque o quitaron da súa típica zona tranquila, polo que sexa, pero notaselle. Na faciana, nos xestos, no linguaxe non verbal, nas roldas de prensa.  Non se ve capaz de sacar esto adiante. 

Vamos de cabeza a un ano no que van a saír de mala maneira dos mitos coma Lukiña e Carlo, unha pena. Vaisenos facer longa a tempada. Cando xogas así de mal, as derrotas acaban por chegar nos grandes partidos.

Estamos en outubro e o equipo segue igual de mal ou incluso peor, non se ve ningunha idea, ningún traballo táctico, todo basado no talento individual, creo que debemos encender as alarmas. Presión tras perdida, que é iso?

Un servidor xa fai tempo que di, que non vai rematar a tempada e que ve preto o Zizou 3.0.

A última baixa é a de Carvajal, un ano mínino, un xogador chave a tempada, que nos vai restar máis do que pensamos, non solo no futbolístico, evidentemente, senón tamén no mental, nun equipo que se desenchufa tanto, un xogador de carácter e que tira do carro é moi importante. A ver como volta, que iso é outra.

Quedamos con Rudiger, Militao, Vallejo, Lucas, Mendy e Fran coma defensas para os 60 partidos que nos poderían quedar este ano, casi nada. Temos tamén a Alaba, que non sabemos cando ou como voltará. Deses temos a Vallejo entre o nivel e que vive lesionado pouco que dicir. Mendy o cal caera cas súas dúas lesionciñas ou tres dun mes de cada ano. Por certo un Ferland que anda relaxado de máis últimamente, co seu nivel ten que estar a tope para ser o crack defensivo, senón fai augas.

Así que se preparen Fede para xogar de lateral dereito, Tchou para xogar de central e claro os centrais xogaran algún día de lateral e como non van poder descansar, máis posibilidades de lesións musculares, un despropósito.

Fede é o propio para xogar de Kroos e de Carvajal, pero como é o único que corre, hai que usalo de bombeiro ata que revente, deus non o queira.

Porque como ven sabemos a canteira non conta, xoga antes Endricki de defensa que un chaval da canteira. Por certo Jacobo outra vez lesionado, outro que vive de lesión en lesión. Se non nos valen Rafa Marín ou Nico van valer os outros. Si polo menos se non se ficha, tiveran opcións os rapaces, pois estaríamos contentos.

Non fichamos porque solo queremos xogadores libre ou xeracionais? Porque non hai un peso? Pois rapaces para axudar non? Como se van ilusionar os rapaces se nen así xogan. Todos sabemos que non vai xogar ningún rapaz, nesta non picamos.

Ficharíamos a día de hoxe, un Albiol, un Arbeloa? Porque non buscamos un Joselu para o lateral e central, como pedimos aquí no verán? Florentino tamén se equivoca, perfecto non é. Que non nos conten que nada mellora o que temos, porque algo haberá que mellore a Vallejo ou Alaba. Recordamos o que decían con Mariano e vimos todo o que nos dou o crack de Silleda.

Os riscos de planificar a mínimos son estes, tan solo tes dous centrais, non podes poñer un a lateral. Xa estou vendo unha defensa con Fede, Tchou, Rudi e Fran García.

Para o lateral fálannos de Loren, que non da o nivel, que fai con 22 anos nun filial, pois gustarlle a Raúl e pouco máis. David Jiménez que en ataque aínda vai pero frouxo en defensa. O que máis nos gusta é Jesús Fortea que os seus 17 anos debería estar en dinámica de primeiro equipo agora. De Melvin e Alex Moya pouco sabemos aquí. Non sabemos porque non se baralla a opción Cristian David, un todoterreo polivalente dos que gustan supostamente ó Carlo.

Non fichamos, ben, pero Chema, Cristian David, Jacobo e Fortea a ter convocatorias e minutos de rotación. Se non temos sitio para a canteira este ano, que pechen todo e que planten patacas.

Claro, nas dificultades é cando se ten que lucir un adestrador da elite. O equipo está a dar vergoña este inicio de tempada. Aburrido, dominados, basado todo no balonazo e no talento individual. A volta do parón temos un calendario moi chungo, Celta, Dormund, Barça, case nada. Non pensedes que non afecta a reputación do club, xogar tan mal, porque vese cos xogadores están desquiciados, non fai falla ser moi listo.

O traballo de Flick estase a ver, vese no nivel de Rafita, señores que xoga no medio co Kaiser Eric Garcia, amigos, que lle dan opcións a Lewan. A nos cóntanos que Fede, Cama, Jude non teñen nivel para xogar mellor, por favor, pensen un pouco. Todo basado no talento individual, o traballo do adestrador non debe de contar. Non pode facer maxia o Carlo, claro. Como é obvio vos preferides a Kaiser García e a un dos canteiráns do Barça, ca Fede, Jude, Cama ou Tchou. Non todo é culpa da actitude e da marcha de Kroos.

Se non o recordades na tempada 17/18 o Bayern, chimpouno en setembro, ollo . Se tanto lle faltou Toni, porque non pediu a Kimmich? O mellor Carlo foi cun Pirlo, Xabi ou Toni coma medio de referencia.

Tam importante era o noso Nachiño, e canto o menospreciamos, e vai marchar cando máis falta facía.

Por certo Lukiña é o que máis gañas lle está a poñer, pero o corpo xa non lle da. Ca praga de lesións que temos leva preto de 300 minutos máis ca Arda. Despois véndenos que Arda non defende, claro os que defenden son o Bappé, Vini e Rodry.

Os xogadores están fora de si. Síntense impotentes e o único que xustifica esta dinámica anodina é que polo menos gañan, pero nos xestos non minten, andan mal.

Anteriormente:

Curiosidades e pinceladas.

Equilibrio e cousiñas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario