jueves, 21 de noviembre de 2024

Falemos de basket.

 Despois de moito tempo vamos falar un pouquiño do Real Madrid de basket. Como dixemos o tema do Bernabéu condiciona toda a política deportiva do club, pero aínda así hai solucións.



O ano pasado o Real Madrid tiña un gran plantel, e quedou a un cuarto de gañalo todo, fixo unha gran tempada. Este ano xa se sabía que era o principio da renovación e que ía ser complicado, pero estamos a un nivel previo a era Laso e iso é moi preocupante.

Fóronse Rudy, o home co que posiblemente comezou todo, o amo do lado débil en defensa. O Chacho coa súa lectura do ataque, Fabien que quizais con tanta saída debía quedar, Alocén moi querido nestes lares, Yabusele de forma inesperada e Poirier. Recuperar todo iso é co custe que tiña é moi difícil, ata ahí chegamos. 

Chegaron Feliz, que está a amosar que Badalona non é Madrid, Ibaka xa de volta de todo, Garuba outro que queremos moito aquí, pero que aínda está lesionado e Ratham que non o coñecía ninguén e claro ademais da reducción de presuposto, caeu o número de xogadores, e a calidade dos mesmos xa non falemos. Por exemplo o outro día fronte a Efes tentouse remontar xoganda a segunda metade con tan solo seis, bueno foron cinco e Llull que entrou para dinamitalo todo, polo tanto era case imposible aguantar o ritmo. 

Vamos a falar un pouco de basket logo. En Euroliga estamos nun punto bastante difícil, co factor pista case perdido, cuns equipos gregos con plantillóns e cun gran Barça, pero se Paris por exemplo ten un bo equipo cun custe menor co noso, igual non é todo cartos e tamén hai que facer as cousas ben e ter un bo adestrador.

Aquí pensamos co equipo está mal feito, estamos a ter mala sorte cas lesións, cremos que Chus e quen fiche non están de acordo. Marcharon xogadores moi importantes e competitivos e o adestrador non se deu conta. Hai que baixar o cu e defender, pero tamén facer cousas coherentes en ataque, temos unha dependencia brutal do que invente o Facu.

As cousas non van a mellorar porque si, agora porque se recuperen lesionados, Feliz non vai ser mellor, nin Ratham, nin Ibaka vai ter vinte anos. Temos a case todo o plantel fora de forma e con dous rapaces no roster. Non sei pero creo que Chus non é o apropiado para este plantel. O problema é que si a final de ano nos queren traer a X. Pascual dame mal, e sei que gusta nos que mandan.

Cada nome que salga en prensa non vai vir, avisados estades, bueno non vai vir ninguén que non hai un peso. Os fichaxes do Madrid nos últimos anos fanse ó caladiño sempre, os rumores saen sempre ou dos axentes ou da directiva para contentar ós siareiros.

Temos o aparente desencontro entre adestrador e cúpula do basket. Temos as lesións e o plantel máis curto dos últimos anos. Xogadores que igual andan máis baixos vendo que o ano pasado gañouse todo ó principio e o que vale é despois, pero claro en Euroliga non te podes descolgar tanto. Mala adaptación dos novos. 

Parece que a cúpula do basket perdeu o rumbo porque o que está a pasar non é normal. Sempre tíñamos bos fichaxes atados con anticipación, sempre nese camiño e respetando o proxecto.

Sinceramente creo que un troco de adestrador tería maior efecto ca un fichaxe, tamén son consciente de que ou hai un desproposito ou Chus remata o ano, pero vexo difícil que siga como se está a poñer o conto. Porque non vai vir unha estrela, e o equipo baixou moito o nivel, co cal un adestrador conservador xa non vale, agora necesitamos outro estilo, e traballar moito os fichaxes.

Despois temos o tema Garuba un xogador que ía ser chave, polo descansos a Tavares e Ibaka e o que nos ía dar en defensa. Non sei que pasa pero aquí alguén minte ou mentiu.

Outra cousa é Ratham por exemplo, un tío que con vinte anos sería un bo fichaxe si rematase de saír da NCAA e puderas pulilo, agora con trinta non ten marxe de mellora nin desenrolo.

Falando da NCAA outro mercado que nos está a queimar, porque xogadores que podías ter ata os vinte e pouco e ir pulindo aínda que despois foran despois para a NBA, pois tiñas rapaces para encher plantel e máis, como foron no seu día Luka ou Garuba, pero agora vanse sendo nenos, outro problema máis.

Creo que o único que se ia fichar era un sustituto pola inesperada marcha de Yabusele e que se ia esperar por si se pescaba algo tipo no seu día Tavares ou Poirier, pero co tema económico agora non vai caer nin eso.

Coma no fútbol, o tipo de plantel e as necesidades actuais do club, non casan co adestrador que temos, algo que pesa no xogo dun equipo que está lonxe do nivel que se lle presupoñe, a ver esta noite si estamos máis ou menos cabreados que agora.

Anteriormente:

Pandullasos sobre o basket.

No hay comentarios:

Publicar un comentario