sábado, 24 de agosto de 2024

Equilibrio e cousiñas.

 Despois da Supercup e a picada en Mallorca vamos cunhas cousiñas que nos pasan pola mente.



Unha tónica co Carlo é que canto mellor empeza o equipo, peor tempada fai e o contrario si empeza a medias pois a veces vai mellor, recordemos o Sheriff aquel por exemplo. O Madrid leva 28 partidos sen perder e 33 en Liga, polo tanto como falamos mañan cae.

A única opción de que faga rotacións o Carlo son as lesións, por iso non lle ven mal de todo a de Jude, ademais así é a única opción de que descanse e como dixo el boa falla lle facía un descanso. O malo é que nos colle con tan solo dous centrais, sen Cama e claro xa sabemos que antes xoga Lucas en calquer posto ca un rapaz. O ano pasado Brahim aproveitou a oportunidade.

Todos queremos que Carlo aposte por Arda para ver que tal o fai, pero tamén todos sabemos que vai xogar Lukita ata que non respire. Polo menos si é titular non vai ser o que entre por decreto. Poñelo de cinco pode ser de traca. Xa que saca a Lukita para tentar ter o balón, para tentar remontar, en para o que sexa.

En Mallorca Fede tivo que facer máis traballo do que lle toca, por iso o equilibrio no equipo vai ser chave, a ver si o Carlo da con el. Con tanto partido xunto e co cansanzo típico destas datas igual si tería que rotar algo, pero xa coñecemos ó mister. Temos a Carlo que pon as estrelas con medio adestramento e temos ó Grinch o señor Cholo que mata a ilusión da xente e non pon a Julián, difícil situación. Por iso Flo prefire o perfil Carlo.

Empeza a preocupar o estado de Tchou coma medio, demasiado posicional, igual é mellor telo coma recambio de central e gastar o cartiño nun medio. Pero bueno a segunda metade en Mallorca foi lamentable, ca xente pensando neles e non no equipo.

A superioridade e a calidade hai que amosala no campo, non no Fifa ou no Pro. Cabe recordar a importancia dun perfil Joselu para partidos que non eres quen de sacar. A ver si cas lesións a xente se poñe as pilas que é algo moi do Madrid.

O que nos ven recordar cando nos dixeron que Álvaro ía ser ese perfil. Tamén nos dixeron que Nico ía ser do primeiro plantel, que Mario Martín o novo medio, Marvel o central de reposto, Peter, Latasa, Carrillo...., a fábrica non está a ser moi ben aproveitada, coma moito de fonte de ingresos, en breve vamos a ter un problema cas fichas de canteiráns e locais en Champions.

Por certo a Liga vai estar en 90 puntos mínimo.

A ver si fronte ó Valladolid, Las Palmas e Betis que son os partidos nesta próxima semana vemos algo novo e utilización de xogadores. Nunha semana sabemos tamén se cae un fichaxe de última hora nesta tempada tan longa, como digo un central ou un medio si quero pero Flo traballa doutra forma e mal non lle vai. Cabe recordar que esperando polo sapoconcho, chegou Cama para equilibrar o plantel e facer un temporadón o igual co ano pasado Joselu cedido foi importante.

Sinceramente aquí pedimos o central ou un lateral que poida xogar de central porque non confiamos na recuperación de Alaba e se o fai como moito vémolo para xogar no medio coma con Austria.

Anteriormente:

Lei Mbappé.

6 Supercopas.

Apuntiños 24-25.




No hay comentarios:

Publicar un comentario