A explicación a que non se fiche nada no Madrid é moi simple.
Non lle demos máis voltas, se dúas secretarias técnicas, en dous deportes distintos non son capaces de atopar perfís tan distintos en dous deportes, é porque hai algo que lles impide fichar.
Se non atopan centrais, nin laterais, pero tampouco un base ou un pivot é porque non poden ou non queren buscalos, simplhes como decía Mou.
O Madrid cometeu erros, o Estadio foiselle das mans e temos incendios a curto prazo que temos que solucionar.
Confio en que os socios compromisarios vaian a próxima Asamblea a algo máis que aplaudirlle a Flo. Elixenos para que cuestionen o funcionamento do club por mandato do resto dos socios.
Pódense admitir erros, pero non a falla de explicacións e ambición. É inadmisible que neste club os responsables deportivos nunca falen, tan solo os adestradores.
A estas alturas todos coñecemos o funcionamento da política de comunicación do club. A típica campaña de maquillaxe da directiva para tapar as críticas e que non pareza que non fan nada.
Poñén a carnada no anzó e sempre hai quen pique. Por iso o baile de nomes e despois sempre hai un algo polo que non se ficha, o prezo, que non da o nivel, o fichaxe é Alaba, o fichaxe é Garuba.....
Andan dándolle voltas ó trompo esperando a ver si sona a gaita, pero a realidade é que: quen quere atopa un medio, quen non unha excusa.
Os erros na obra do Estadio son a chave, e ollo que o Bernabéu ahora é unha cousa tola, pero claro presupuestamos unhas cousas que non se dan. Unha obra que non solo nos vai condicionar polo gasto extra que vai supoñer, polos erros técnicos ou polos ingresos previstos que non vai ter. O peor probablemente van ser as penalizacións que o club vai ter que pagar por incumprimento de contrato e os gastos que nos poden esixir polos eventos planificados os cales moven unha loxística moi difícil de cancelar ou mover de data. Aquí temos a explicación.
A un servidor si sale o club, explica todo isto e nos di que hai que tirar co que temos, pois non digo nada. Porque ante todo quero un club saneado e sen pufos.
Si nos din hai que tirar co plantel que temos e con rapaces porque pasou esto e non queremos hipotecar máis o club. Igual era mellor fichar un central e apretar por Yoro que traer a Bappé, igual é máis necesario Kimmich que tamén remata contrato ca Davies, iso si que pode ser importante.
Problema disto que temos dous adestradores nefastos para tal situación. Ademais co problema engadido no basket que a nosa gran canteira antes era esquilmada pola NBA, pero agora xa nos marchan para NCAA.
Nos próximos días a ver si falo un pouco de fútbol e basket, porque hai equipos que compiten sen pufos e sen fichar a super cracks, con traballo e día a día.
A crítica é sana, a esixencia é necesaria. Si se fai de forma constructiva mellor.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario