martes, 12 de marzo de 2024

Brahim.

 Sobre todo o que se está a falar do tema Brahim nas últimas horas, tan solo un par de cousiñas.



Como madridista son dos que prefiren que os xogadores do Real Madrid non vaian as seleccións. Descansan, menos risco de lesión, menos partidos, menos viaxes.... , todo ventaxas. Que ben nos ven que Kroos deixará a sele estes aniños, algo que pedíamos de outros. Somos conscientes tamén que si o xogador é bo, normalmente vai ca nacional do seu país, raro sería que non.

Despois que elixa unha selección ou outra, por se o chaman ou non, cousa del. O problema de que escolla unha selección africana é que a Copa África é en xaneiro que sole ser un mes de moito partido e no que é necesaria para a rotación, pero como foi este ano, ata dentro de catro anos non voltamos a ter ese problema e a saber por onde andará. A non ser que se casquen a unha por ano, como fixeron cas Copa América a ver si rascaba algo o pequeniño.

Si España non conta con el, pois cousa do seleccionador, realmente non é titular no Madrid aínda que Carlo lle da menos protagonismo do que merece, sempre o dicimos. Non somos aquí dos que choran polas convocatorias da selección. Si levan a medio Barça perfecto, que se cansen e sufran riscos. Certo é que hai moito interese oculto nas convocatorias de xogadores cas seles, moito carto para representantes e demais, non solo en España, de feito sobre todo nas do outro lado do Atlántico é algo coñecido.

Pouco máis ca engadir.

#Marroco #Spain #España #Marruecos #RealMadrid #HalaMadrid

No hay comentarios:

Publicar un comentario