LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : VILLA DE CEE – FISOBER “B” F.S.F. : 5-2.
VILLA DE CEE :
Belén, Adriana, Andrea Romero, Alba e Sandra ; tamén xogaron : María, Tati,
Andrea Muiño, Marta, Serena, Raquel e Bea.
FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Inés e
Laura ; tamén xogaron : Andrea, Noelia, Alejandra e Natalia.
ÁRBITRO : Rubén
García , CRONO : Gerardo Pájaro.
GOLES : 1-0 Alba,
2-0 Andrea Romero, 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Andrea Romero , ( descanso ) , 4-1
Andrea Romero , 5-1 propia porta, 5-2 Noelia.
O domingo de mañá
disputábase en Cee un dos derbis
costeiros na Liga Provincial e a vitoria quedou na casa nun partido moi
disputado e con ocasións para ambos lados e cun bo ambiente nas gradas. No que
o filial do Fisober pagou caro erros propios de xogadoras da súa idade e da
falla de experiencia xa que a súa media é quince anos de idade.
Na primeira
metade Alba e a ex do Fisober a
fisterrana Andrea Romero , que incluso chegara a debutar co primeiro equipo con gol en Autonómicacando contaba tan solo con 14 anos en partido disputado en Castrelo do Miño,
puxeron o dous cero a favor das locais.
Logo a infantil
Paula Fandiño reducía distancias poñendo o 2 a 1. Pero un penalti por mans foi
transformado de novo por Andrea Romero para facer o 3 a 1 co que se chegou o
tempo de lecer.
Unha primeira
metade con ocasións para os dous lados na que polo Fisober destacamos dous
lanzamentos o pau por medio de Inés e Laura.
O arranque da
segunda metade foi unha remora demasiado pesada para o filial do Fisober. Xa
que en minuto e medio un novo gol de Andrea Romero e un gol en propia porta
puxeron un cinco a un difícil de remontar.
Aínda que o
tentaron un gol de Noelia facía o definitivo cinco a dous co que se chegou o
final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario