LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – MABEGONDO : 1-2.
FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Inés e
Laura ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra, Natalia e Tamara.
MABEGONDO :
Begoña, Ana Belén, Alba, Angeles e Vanesa ; tamén xogaron : Melissa, Paloma,
Bibiana e Ainara.
Árbitro : Paula
Garrido , Crono : Yolanda Valdes.
GOLES : 0-1
Vanesa , 0-2 Vanesa , ( descanso ), 1-2 Inés.
Mal partido do
filial do Fisober que sigue ca súa mala xeira de resultados e non foi quen de
superar o Mabegondo. A noticia máis positiva da tarde foi a volta de Natalia
despois de máis de dous meses con problemas nun pé.
Non atopa o seu
ritmo o filial, ou xoga demasiado lento ou demasiado precipitado e non é quen de marcar
un propio, sempre se contaxia do ritmo do rival.
Recibir o
primeiro gol os tres minutos por mediación de Vanesa fixo que as locais xa dende o comezo xogaran
demasiado precipitadas. E a pesares de que lograban ter ocasións eran máis
froito de xogadas individuais que de xerar xogo colectivo.
O Mabegondo ben
colocado xogaba o seu papel e buscaba un
segundo gol que lle puxera as cousas máis difíciles as da Costa e logrouno a
oito para o fin da primeira metade de novo Vanesa.
Seguían as locais
a gozar de máis ocasións cas visitantes, pero tampouco nos últimos metros andan
acertadas nesta fase da tempada. As ocasións máis claras eran para Inés e Paula
Fandiño pero ou enviaban fora ou se atopaban cos paus.
A segunda metade
seguiu co mesmo guión, aínda que as contras visitantes eran moito máis
perigosas que na primeira metade froito dunha maior ansiedade e toma de riscos
local.
As locais non eran quen de marcar un gol que
as puxera no partido e as visitantes de facer un que o pechara. Máis e mellores
ocasións para as da Costa, pero a porteira faiselle enorme e a portería se lle está a facer pequena, e non chegaba o ansiado gol.
Así pasaban os
minutos e nada cambiaba , iso si cada vez quedaba menos.
E nada cambiou
ata os últimos segundos no que por fin
Inés atopou o gol. E incluso tiveron unha última ocasión para igualar case coa
bocina pero os puntos voiaron cara Mabegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario