SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO : A
FERVENZA – FISOBER F.S.F. : 3-3.
FERVENZA : Nerea,
Laura Doce, Antia, Irene e Claudia Paz ; tamén xogaron : Andrea, Cintia e
Belén.
FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Noelia ; tamén
xogaron : Nuria, Myrella, Raquel e Inés.
ÁRBITROS : Borja
Arca e Julio de la Iglesia , CRONO : María J. Mallo.
GOLES : 0-1 Myrella min. 14 , 1-1 Claudia Paz
min. 19 ( descanso ) , 1-2 Nuria min. 25
, 2-2 Cintia min. 29 , 2-3 Nuria
min. 31, 3-3 Cintia min. 38.
Este sábado arrancaba a segunda volta para o Fisober pero
tamén a súa nova páxina web ( www.fisoberfsf.com
) aínda que non o puido facer con
vitoria no derbi galego da Segunda División Nacional.
Rematou con
igualada nun partido cheo de goles raros
e no se lle foron dous puntos o final.
As da Costa nunca foron capaces de poñer dous goles de marxe e as de
Ferrolterra nunca se rendiron.
Saíron a pista os
dous equipos temerosos conscientes da
importancia do partido, as xóvenes xogadoras locais por mor da súa clasificación e as
visitantes aínda co duro resultado fronte o Stilo na mente.
Primeiros minutos
de tanteo cos equipos buscando seu sitio na pista. As visitantes decidiron de
saída esperar a media pista e deixar crear as locais. Co paso dos minutos foi
crecendo a intensidade visitante.
E así foron
chegando as primeiras ocasións para as da Costa por parte de Elsa, Noelia e
Nuria despois que tentaron abrir
o marcador.
Algo que ocorreu
no minuto 14 nunha contra visitante que cando parecía que perderan toda a
vantaxe ,rematou cun lanzamento de Myrella ca esquerda que se colou pegado o
pau para poñer o cero a un.
As locais
descentráronse un pouco co gol pero as da Costa non foron quen de aproveitalo,
nin Inés nin Noelia acertaron nas ocasións máis claras. Para as locais un
lanzamento de Laura Doce que despexou Eva.
E cando parecía
que se ía chegar con vantaxe visitante o tempo de lecer un lanzamento de
Claudia Paz a pouco máis de un minuto para o fin, esbaroulle entre as mans de
Eva e entrou paseniño na portería.
Comezaba un novo
partido de vinte minutos e os dous equipos foron máis agresivos na segunda
metade. Salio disposto o Fisober e Noelia no primeiro minuto gozaba dunha boa
oportunidade,pouco despois era
Nuria quen facía dano as costas das locais pero
Nerea desfacía o perigo.
A quince para o
fin un lanzamento de Nuria despois dun saque de esquina tropezaba nunha serie
de pernas e colábase para facer o 1 a 2.
Pero pouco lle
durou a ledicia as visitantes xa que un lanzamento local a once para o fin
tropezaba na perna de Ana e describía unha incrible parábola por encima de Eva
para que Cintia solo tivera que empurrar sobre a mesma liña.
Despois deste gol
chegaron os mellores minutos do Fisober, a dez para o fin un perigoso
lanzamento de Patri. A nove para o remate do encontro unha contra finalizada
por Nuria poñía o 2 a 3 no electrónico.
Solo un minuto despois unha xogada de Patri remataba co seu lanzamento o
pau.
As da Costa non
eran quen de poñer un segundo gol de vantaxe que derrumbara as xóvenes e
combativas xogadoras locais.
A cinco para o
fin chegou a xogada polémica do partido cando as visitantes pediron un posible
penalti sobre Patri.
E o igual que na
primeira metade a pouco máis de un minuto para o fin cando parecía que os puntos viaxarían cara
Vimianzo un lanzamento de Laura Doce colouse por unha morea de pernas Eva
despexou ,pero a máis pequena da clase, Cintia andaba por alí de novo para
aproveitar o balón e igualar o partido.
Aínda así a sete
segundos para o fin un balón longo que peiteou
Ana case se converte no gol da vitoria visitante.
Versión Fervenza. Maís fotos no Facebook da Fervenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario