SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – RIBERA NAVARRA. 4-2.
FISOBER : Eva, Patri,
Inés, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Noelia, Myrella e Nuria.
RIBERA NAVARRA :
Eva, María, Irene, Ana Saso e Vanesa ; tamén xogaron : Estela, Sandra, Cris,
Ochoa, Laura e Yessi.
ÁRBITROS : Xurxo
García e Fidel González ; CRONO : Fran Domínguez.
GOLES : 0-1 Ana
Saso, 1-1 Patri , ( descanso ), 2-1
Nuria, 3-1 Nuria, 4-1 Noelia, 4-2 Ana Saso.
Vibrante e
interesante partido o que se disputou o
sábado en Vimianzo cun bo ambiente de público e cunha animosa grada. Cabe
destacar que tanto en Vimianzo coma na primeira volta en Tudela foron dous
partidos moi vistosos, disputados e animados dos que crean afección polo fútbol sala
feminino.
Arrancou moi ben
o Fisober que xa dende os primeiros minutos se fixo dono do partido. Os tres
minutos chegou a mellor ocasión local cun lanzamento de Ana que petou no pau .
Locais e
visitantes ,moi intensas ambas, ofrecían
un bonito espectáculo o público asistente o partido.Mediada esta primeira
metade chegaban moi boas ocasións para Raquel e Noelia que non foron quen de
abrir o marcador.
As navarras
aguantaban o empuxe local. Os equipos
non querían cometer erros que os puideran condenar máis adiante e así pasaban
os minutos.
Ata que no minuto
catorce unha desafortunada xogada con lanzamento da visitante Ana Saso pegaba
nunha xogadora local para facer o cero a un no marcador. E pouco despois a
visitante Ochoa aproveitando o
desconcerto local tralo gol a piques estivo de marcar o segundo.
Superado o mazazo
do gol as locais voltaron o seu, e unha gran combinación do equipo rematou con
gol de Patri a pracer para igualar o tanteador.E aínda puideron irse con
vantaxe o tempo de lecer as da Costa pero non aproveitaron un libre indirecto o
seu favor.
A saída dos
vestiarios das locais foi incluso mellor que na primeira metade. Iso si as
navarras tiveron unha boa ocasión a balón parado o pouco do inicio. Con esa
excepción chegaron os mellores momentos das da Costa.
Ocasión de
Myrella os tres minutos desta segunda metade. E no catro despois dunha gran
xogada colectiva do Fisober o balón rematou nos pes de Myrella que enviou o seu
lanzamento o pau e no rexeite a máis lista foi Nuria que fixo o dous a un para
as locais.
Solo dous minutos
despois de novo Nuria aproveitaba un balón en longo e picando o balón superaba
por arriba a porteira visitante para o tres a un.
Puideron entrar
de novo no partido as visitantes que gozaron dunha dobre ocasión que primeiro
Eva e logo a trabe desbarataron. E pouco despois case como resposta a isto foi unha contra que finalizou
Noelia para poñer o catro a un a doce para o fin.
As
visitantes decidiron arriscar os últimos
nove minutos co ataque de cinco. Unha situación ante a cal as da Costa
normalmente se atopan cómodas. De feito non pasaron excesivos apuros iso si o
partido cambiou o ritmo.
O dominio pasou a
ser visitante aínda que non chegaron con excesiva claridade ante a boa defensa
e colocación das da Costa. Poucas
ocasións para as navarras e algún lanzamento longo tras recuperación das locais
que non acadou o obxectivo do gol.
Así pasaron os
minutos ata que a tres para o fin de novo un lanzamento de Ana Saso pegaba
nunha xogadora local para facer o catro a dous, non está a ter sorte cos
rexeites o Fisober.
Apretábase o
marcador, pero o Fisober resolveu ben estes minutos finais moi concentrado e cando roubaba tentaron ter posesión para que
pasara o tempo e así foi. Algunha ocasión para ambos lados pero o partido non
trocou.
A dous segundos
para o fin disfrutaron as visitantes dun dobre penalti que atallou Eva,
chegándose co catro a dous a fin do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario