LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
ESTRADENSE – FISOBER “B” F.S.F. : 7-2.
ESTRADENSE :
Vanesa, Luz Bugallo, Miriam, Vanesa Vilar i Eva ; tamén xogaron : Olaya, Alba,
María, Cristina, Laura , Estela e Raquel.
FISOBER B : Anabel, Tamara, Laura, Inés e Paula
Fandiño ; tamén xogaron : Andrea e Alejandra.
ÁRBITRO : Jorge
Fernández , CRONO : Antonio Presedo.
GOLES : 0-1 Paula
Fandiño, 1-1,2-1,2-2 Inés, 3-2 , (descanso ) 4-2,5-2,6-2,7-2. Os goles
visitantes foron : Eva en 3 ocasións, Cristina en 2 e Vanesa Vilar e Olaya en
unha.
Arrancaba a
segunda volta o filial do Fisober na casa do líder de provincial pero non puido
traer nada para a Costa ante un excelente ambiente en A Estrada con gran cantidade de público.
Moi boa primeira
parte do filial que lle puxo as cousas moi difíciles o líder, pero na segunda a
chegada do cuarto gol foi unha lousa que xa non puideron superar.
Comezou moi ben o
partido o equipo visitante e incluso se puxo por diante por mediación dun gol
da infantil Paula Fandiño.
O líder mostrou
as súas credencias e deulle a volta o partido poñéndose dous a un o seu favor.
Conseguía empatar Inés para o Fisober poñendo o dous a dous no electrónico. O tempo de lecer chegouse con tres a dous a
prol das locais.
No arranque da
segunda metade Inés tivo a ocasión para o tres a tres que quizais puido cambiar
o partido. Case de seguido chegou o catro a dous que fixo moito dano as xóvenes
xogadoras da Costa.
Con este gol
fóronse do partido e así se chegou ata o sete a dous definitivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario