SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : CUATRO ARCOS LOGROÑO – FISOBER F.S.F. : 3-4.
4 ARCOS LOGROÑO: Ana Palacios, Ana, Ana Sesma, Bea e María
Carro ; tamén xogaron : Elena, María
Miguel, Joanna e María Cuello.
FISOBER : Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén
xogaron : Elsa, Nuria e Noelia.
ÁRBITROS : José
Cárcamo e Juan Carlos Sarabia ; CRONO :
I. Martínez.
GOLES : 0-1 Nuria, 1-1 Ana, ( descanso ), 1-2 Nuria, 1-3 Patri, 1-4 Noelia, 2-4
María Miguel, 3-4 Bea.
Ca vitoria
acadada este sábado polo Fisober en Logroño logrou xa os mesmos puntos que na
tempada pasada cando aínda lle quedan
sete partidos por disputar. Un partido que puido acabar con goleada pero que
tiveron que sufrir ata o final.
O partido comezou
co dominio do Fisober o cal as locais esperaban en media pista na busca dun
erro para poder saír a contra.
Arrancaron moi
ben as da Costa con control do partido e boas ocasións. As máis claras para Raquel por partida dobre e Inés. As
rioxanas tentaban aproveitar os erros visitantes e crear ocasións, a máis clara
foi por parte de María Carro.
Sentíase cómodo o
Fisober na pista e froito dese dominio chegou o gol visitante os nove
minutos nun lanzamento de Nuria que
petaba nunha xogadora local para introducirse na portería. Aínda así o Fisober
xoga demasiado ansioso e precipitado nesta parte da tempada, con demasiados erros de cara a
porta contraria.
E así nunha
xogada aislada un lanzamento lonxano da rioxana Ana sorprendía as visitantes e
colocaba un inxusto empate a un no electrónico a falla de seis para o tempo de
lecer.
Pasaban os
minutos con dominio e ocasións visitantes e algunha contra local, aínda que as
da Costa se contaxiaban cada vez máis do ritmo que querían imprimir as locais.
E con igualada chegouse o tempo de lecer.
O arranque da
segunda metade por parte do Fisober foi incluso mellor que na primeira metade,
imprimiron un maior ritmo o seu xogo e chegaron con maior claridade, moi
metidas no partido. Así no primeiro minuto Ana se topaba co pau.
Os catro minutos
da reanudación Nuria poñía en vantaxe as da Costa, dous minutos despois Patri
facía o terceiro e un despois Noelia o cuarto que parecía que mataba o partido.
Pero nese mesmo
minuto María Miguel de tiro cruzado facía o segundo rioxano. Baixaba un pouco o
ritmo o Fisober pero as ocasións seguían chegando sobre todo por mediación de
Nuria.
A nove para o fin
entraba de novo no partido o equipo local cun gol de Bea.
O Fisober gozou
de gran cantidade de ocasións dende aquí para non ter que pasar apuros finais
pero Nuria a pesar dos dous goles non tiña o día claro de cara a portería e
Patri tampouco puido incrementar a conta.
Así se chegou a
un último minuto no que as rioxanas tentaron o ataque de cinco que defenderon
ben as visitantes e incluso lle deu opcións de gol a Patri e a porteira Eva quequixo emular o seu gol da tempada pasada sen éxito.
Si Euskadi é
territorio maldito con seis derrotas en seis visitas, A Rioxa todo o contrario
con tres vitorias en tres visitas. Esperemos que este resultado lle de un maior
pouso e tranquilidade o equipo de cara a vindeiras citas na busca de mellorar a
tempada pasada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario