LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – A BAÑA. 1-0
FISOBER B : Anabel,
Paula Fandiño, Andrea, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Noelia,
Alejandra e Natalia.
A BAÑA : Eva ,
Daniela, Rocío, Nerea e Tania ; tamén xogaron : Marta, Andrea, Lucía, María
Maroñas e Lidia.
ÁRBITRO: Jorge
Fernández , CRONO : Daniel Brea.
GOL : 1-0 Noelia.
Poñía fin a súa
xeira de malos resultados o filial do Fisober acadando a primeira vitoria do
ano , pechando así un excelente fin de
semana para o clube con vitorias en Nacional e Provincial.
Nun partido na
que as xóvenes xogadoras locais se mostraron de novo moi ansiosas na busca da
vitoria na que tiveron ocasións para sentenciar moito antes pero remataron sufrindo. A ver si con esta
vitoria conseguen un pouso de tranquilidade para vindeiros partidos.
Arrincaron co
dominio do xogo as locais e sen pasar apuros en defensa. Chegaban con certa
solvencia o feudo rival pero non poñían en demasiados apuros a Eva, a non ser
con algún que outro lanzamento lonxano.
O filial do
Fisober tiña o control do partido e gozou da máis clara oportunidade por
mediación de Laura quen en boca de gol vío como unha xogadora visitante salvaba
na raia. Os últimos metros están a ser unha tortura para o filial.
Nunha das poucas
ocasións visitantes nesta primeira metade desta vez era a local Andrea a que
salvaba o gol visitante despois dunha moi clara oportunidade.
E cando parecía
que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer , nos últimos segundos da
primeira metade despois dun saque de banda Paula Fandiño foi a máis lista sacou rápido collendo
desprevidas as visitantes e logrando Noelia o gol a pracer.
Este gol deulle
algo de confianza o filial do Fisober que na segunda metade tivo algo máis de
pausa e chegou con máis claridade ante Eva. As visitantes tamén decidiron
arriscar un pouco máis.
Chegaban ocasións
para as da Costa coma un lanzamento o
pau de Paula Fandiño e outras moi claras por parte de Tamara, Noelia, Andrea e
a mesma Paula Fandiño, pero o segundo gol que pechara o partido non daba
chegado. As visitantes chegaban nalgunha contra perigosa como unha que
finalizou a pequena Nerea.
As locais seguían
sen ser quen de superar a Eva e polo
tanto non daban pechado o partido co cal
os últimos minutos foron un ida e volta
continuo cas da Costa na busca do segundo e as do Val da Barcala na busca da
igualada.
As visitantes
nestes últimos minutos reclamaron un posible penalti e na última xogada do
partido tiveron unha dobre ocasión que desbaratou Anabel.
Destacar a volta
de María Maroñas a Vimianzo desta vez ca camisola de A Baña e a lesión da local
Tamara nun xeonllo que esperamos se quede nun susto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario