SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – ORDIZIA : 2-7.
FISOBER : Eva, Elsa, Ana, Noelia e Myrella ; tamén
xogaron : Patri e Raquel.
ORDIZIA : Maddi,
Sarah, Ainara, Maite e Olatz ; tamén xogaron : Irati, Ane, Ane Garmendía, Ane
Iza e Itziar.
ÁRBITROS : Raquel
Manteiga e José Luís Rey ; CRONO : Laura Vila.
GOLES : 0-1 Sarah
; 1-1 Patri , 1-2 Ane , ( descanso ), 1-3 Ane ; 1-4
Sarah ; 1-5 Sarah , 1-6 Maite ; 1-7 Ainara , 2-7 Patri .
Castigo demasiado
abultado para un Fisober que plantou cara o Ordizia na primeira metade e boa
parte da segunda pero que se desinflou nos últimos minutos a raíz do cuarto gol
visitante.
Saíron as do
Ordizia a por todas dende o principio por algo levan dez vitorias consecutivas e moi probablemente se
xogarán o título no enfrontamento directo fronte o Bilbo. Xa no primeiro minuto
un lanzamento de Sarah golpeaba nunha xogadora local e facía o cero a un para
as vascas.
Neses primeiros
minutos seguiron dominando e poñendo en apuros as locais con Sarah o mando.
Pero pouco a pouco as xogadoras do Fisober, moi ordenadas, foron atopando o seu sitio no partido.
Comezaba a
cambiar o rumbo e no minuto sete a local
Patri mandaba o seu lanzamento o pau.
Cada vez o perigo
rondaba máis a porta visitante que a local e chegaban os mellores minutos das
da Costa.
Así os trece minutos unha fantástica combinación local remataba con
Patri marcando a pracer e facendo a igualada.
E un minuto
despois de novo combinaban as locais pero desta vez Raquel non foi quen de
marcar nunha posición inmellorable, unha xogada que puido cambiar o rumbo do
partido.
Os dous equipos
moi ordenados non querían recibir un gol que as puxera por debaixo no
electrónico. Os minutos pasaban cun xogo cheo de intensidade pero sen moitas
ocasións claras.
E cando parecía
que se ía chegar ca igualada o tempo de lecer unha xogada chea de rexeites
rematou co segundo gol visitante obra de Ane a vinte segundos para o fin. Un
gol o inicio e fin do periodo condenaba as da Costa.
No arranque da
segunda metade non trocaba moito a película, partido moi intenso con lixeiro
dominio visitante. Os dous equipos moi
concentrados sabedores da importancia dun novo gol.
E ese gol caeu do
lado visitante a catorce para o fin de novo
por mediación de Ane. A pesares disto as locais seguiron centradas na busca dun gol que as puxera de
novo no partido e pendentes de non encaixar un novo que finiquitara o partido.
Comezaba a
notarse o poderío físico visitante , e o
cuarto gol chegou a oito para o
fin por mediación de Sarah. Este gol fixo moito dano as locais. A pouco que
baixas a concentración cun equipo deste nivel págalo
e un minuto despois era de novo Sarah a que facía o quinto.
O partido
voltouse tolo e nos tres últimos minutos houbo tempo para o sexto visitante
obra de Maite, un penalti a favor das locais no que Ana non era quen de batir a
Itziar, o sétimo obra de Ainara en inferioridade e un gol de Patri nos últimos segundos do
partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario