O igual ca semana pasada vamos tentar descubrir resultados das Copas de fútbol sala Femenino, así que si sabedes algún que non teña pois pasádemo si facedes o favor :
Na ida das semifinales de Copa de Autonómica :
No partido disputado en Santiago, o F. Apóstol e o Fisober igualaron a catro e todo se decidira o vindeiro sábado 9 de Xuño en Vimianzo as 20 horas.
Na outra semifinal no partido disputado en Mos, o Leis Pontevedra ganou por 0-3 e poñe a eliminatoria moi da súa parte, ademáis supoño que como xa rematou a Liga en Segunda División, ou con todas.
Na volta das semifinales de Provincial :
No partido Manureva vs Amarelle B, as de Amarelle B conseguiron ganar o parecer por 1 a 2 en Arteixo, pero como perderan na casa por 0 a 2 , quedanse fora da Final con ese resultado.
Na outra semifinal solo sabemos que o finalista será O Pino, pero non sabemos o resultado nin do partido de ida , nin do de volta.
Nas eliminatorias de Ascenso a Honor :
O Viaxes Amarelle conseguiu ganar o Centelles en Cataluña por 4 a 6 pero o 1 a 5 na Coruña foi unha dura lousa. Podedes ver aquí a crónica co punto de vista de Amarelle.
Nas outras eliminatorias Roldan impuxose 17 a 8 a Collado Villalba , e como xa tiña un 9 a 3 do partido de ida tamén xogará en Honor.
Na máis disputada das tres , o Alcorcón perdeu na casa co UCAM Murcia por 1 a 2 pero fixo valer o valor doble dos seus goles xa que ganara en Murcia por 2 a 3, e así Alcorcón tamén consigue o ascenso.
Ademáis apuntar que na Copa Femenina de fútbol o Friol e o Orzán igualaron 0-0, un resultado que lles valía as do Friol para chegar a Final. E o Torneo de Fútbol sala femenino de A Fervenza.
OS RESULTADOS DA SEMANA PASADA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario