RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FUNERARIA
APÓSTOL. 6-3.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Olalla, Ylenia, Noelia, Eva,
Myrella e Alba.
F. APÓSTOL : Nerea, Belén, Montse, Alba e Irene ; tamén
xogaron : Carla, Cecilia e Ángela.
GOLES : 1-0 Nuria,
2-0 Barca, 2-1 Cecilia, 2-2 Montse, 3-2
Barca, 3-3 Irene, 4-3 Ana ( descanso
); 5-3 Barca , 6-3 Patri.
O Fisober sigue a
facer historia nesta inolvidable
tempada e na tarde do sábado clasificouse para a Final de Copa Autonómica
ante un entregado e ateigado Pavillón de Vimianzo facendo valer o empate quetraia de Santiago. Unha final que aínda non ten data xa que o Fisober xogará ovindeiro fin de semana o Campeonato de España.
No que se refire o partido non pudo comenzar mellor para as
da Costa xa que no primeiro minuto Nuria facía o un a cero dun dereitazo a
saída dun saque de esquina.
No minuto tres unha combinación entre Ana e Barca rematou co
lanzamento desta última o pau. Unha Barca que non erraría un minuto despois e
con tranquilidade puxo o dous a cero.
Pero as visitantes lonxe de amilanarse os cinco minutos
fixeron lucirse a Paula en dúas ocasións, primeiro a lanzamento de Belén e logo
de Irene.
O toma e daca era constante e ningún dos dous equipos
especulaba a pesares do resultado. Así chegou a resposta do Fisober por parte
de Patri e Nuria.
As santiaguesas entraron de cheo no partido cando os seis
minutos Cecilia marcou a pracer o dous a un. E máis aínda cando Montse facía o
segundo para igualar o partido os oito minutos.
Nun partido sin pausa era a local Patri a que gozaba da súa
opción a resposta visitante era de novo frenada pola meta local Paula. O
partido era tolo e os catorce minutos de novo Barca era a máis lista e
aproveitaba un lanzamento de Nuria o pau para colocar outra vez o Fisober en
vantaxe.
Un gol que sólo tardou dous minutos o Fune en igualar desta
vez por parte de Irene. E claro as locais non ían ser menos e nunha contra a
dous para o fin , Ana axustou o seu lanzamento o pau para facer o catro a tres.
Aínda antes do tempo de lecer a meta local Paula tivo que
aparecer unha vez máis e tamén vio como as do Fune malograban por medio de
Belén un doble penalti.
Na segunda metade as cousas cambiaron o igual que no partido
de ida e o Fisober controlou máis o partido. De novo eran as do Fisober as que
pegaban de saída pero Patri non poido aproveitar a súa ocasión.
Os catro minutos as santiaguesas disfrutaron dunha falta
indirecta por suposta cesión moi
protestada polas locais que se saldou sin consecuencias.
Cando transcurrían cinco minutos era Barca a que despois
dunha serie de rexeites definía con serenidade para dar dous goles de vantaxe o
Fisober. Unha Barca que lle adicou este gol a súa compañeira a lesionada Elsa.
As visitantes tiveron nos seguintes minutos os seus últimos
achegamentos perigosos, pero ata en tres ocasións en tres minutos consecutivos
apareceu a porteira local Eva moi atenta
e segura frenando o empuxe do Fune e non deixou que se voltaran
a enchufar na eliminatoria.
Os últimos dez minutos foron unha sucesión de ocasións para
o Fisober. Primeiro foi Barca a que quixo facer o cuarto na súa conta
particular. Pouco despois foi un lanzamento de Nuria.
A sete para o fin tamén se quixo sumar a festa Alba pero non
conseguiu o gol. A seis para o fin a última gran ocasión das visitantes por
medio dun cabezazo de Irene despois dun saque de esquina que se foi fora.
O Fisober seguiu martelando a un conxunto visitante que xa
non se sentía con forzas de dar a volta a eliminatoria e sufría o empuxe local.
Nuria voltaba a probar sorte o igual que Patri que vía como unha xogadora
sacaba o balón baixo paus.
Unha Patri que facía unha gran xogada para poñer o sexto gol local e selar o pase para unha
Final da Copa Autonómica que aínda non
ten lugar nin data xa que o Fisober xoga na Coruña o Campeonato de España o
vindeiro fin de semana.
Pechouse así este
sábado a tempada como local do Fisober , na que conseguiu o inmellorable record
de 15 victorias en 15 partidos como local
entre Liga e Copa. E a última derrota como local data de Febreiro do 2011 fronte o Cios Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario