FINAL DE COPA AUTONÓMICA
RESULTADO : LEIS PONTEVEDRA – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”
: 5-2
LEIS PONTEVEDRA : Silvia, Gema, Tamara, Begoña e Bugallo ;
tamén xogaron : Natalia, Paloma, Adriana, Andrea Curra, Magali e Andrea Ferrón.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Eva e
Alba.
Os árbitros foron : Carlos Suárez e David Castro e a mesa :
Melisa Saa do colexio de Lugo.
GOLES : 1-0 Natalia, 1-1
Patri, 2-1 Adriana , 3-1 Gema ( descanso) , 4-1 Gema, 5-1 Gema, 5-2 Patri.
Na tarde do domingo en Bertamiráns pechouse unha tempada
histórica para o Fisober, que a pesar da derrota fixo un meritorio partido ante un Leis Pontevedra moi
reforzado para a ocasión, poñéndolle as cousas difíciles as pontevedresas en
todo momento.
O Fisober que tiña a baixa xa coñecida de Elsa a que se lle
tivo que sumar a de última hora por enfermedade de Olalla. O calor en
Bertamiráns era abafante , 30 grados no exterior, nin pensalo no interior do
Pavillón.
No puramente deportivo comenzou mellor o Leis con xente máis
acostumbrada a xogar este tipo de partidos. Os tres minutos a xogadora do
Fisober , Patri tiña que sacar baixo paus un remate de Gema. E nese mesmo
minuto era Paula a que frenaba un lanzamento de Tamara.
Un Fisober moi ordenado poñíalle as cousas moi difíciles as
do Leis. E os seis minutos tiña a primeira ocasión por medio de Patri. Pero os
sete minutos as pontevedresas castigaron o primeiro erro do Fisober para que Natalia
fixese o 1 a 0 a pracer.
Lonxe de virse abaixo as da Costa, disfrutaron dos seus
mellores minutos sobre a pista e viron o difícil que ía ser marcarlle un gol a
Silvia. Primeiro foi Nuria quen no minuto sete se atopou con ela.
No minuto oito ata tres ocasións consecutivas despexou a porteira
do Leis. Os once minutos frenou a Ana e os doce a Patri, parecía imposible
batila. As pontevedresas tentaron voltar a coller o dominio do partido, e así
Begoña mandaba o seu lanzamento lambendo o pau os trece minutos.
E no catorce unha combinación do Fisober finalizou co gol de
Patri para poñer o empate no electrónico. Algo que tivo o mesmo efecto que
tivera o do Leis no Fisober. Propiciou os mellores momentos das pontevedresas.
Xa que prácticamente nada máis sacar de centro desigualaron o partido por medio
dun lanzamento de Adriana.
O Leis fíxose co dominio total e o Fisober pasou por moitos
agobios durante os últimos minutos da primeira metade. As da Costa case eran
incapaces de saír do seu propio campo, algo que aproveitou o Leis cando os
dezasete minutos Gema facía o terceiro para o seu equipo. Seguiu o sufrimento
para o Fisober ata que se chegou o tempo de lecer.
A segunda metade comenzaba co mesmo guión que a primeira,
dominio do Leis, pero as forzas xa ían a menos debido o enorme esforzo e a
calor. Os cinco minutos de novo Gema facía o 4 a 1 despois dun lanzamento de
saque de banda.
E o igual que na primeira metade o Fisober deu a súa mellor
imaxe despois de recibir o gol. Os sete minutos Barca gozaba dunha inmellorable
oportunidade pero de novo Silvia era infranqueable. Os nove facía o mesmo con
Patri, ante a desesperación dun Fisober que non vía a maneira de batila.
Máis aínda cando nese mesmo minuto lle paraba un penalti a
Barca, un penalti que podía apretar o partido. A resposta foi por medio de Gema
quen fixo os once minutos o quinto para o seu equipo e o terceiro na súa conta.
O Fisober lonxe de virse abaixo seguiu pelexando ata o
último segundo. Mentras que o Leis máis
replegado tentaba saír a contra. Os doce minutos foi momento para ocasións de
Noelia e Ana , pero o gol parecía unha misión imposible.
Máis imposible pareceu cando primeiro Ana e despois Nuria
con Silvia xa batida vía como Begoña sacaba baixo paus. Ata que os quince minutos
de novo Patri facía gol o a postre
definitivo 5 a 2. E solo un minuto despois era de novo Patri a que perdía no
enfrontamento directo con Silvia.
A final xa estaba decidida e chegaron as últimas ocasións
para ambos equipos. Primeiro foi Andrea Ferrón a que se atopou con Eva. Logo
foi a xogadora da Costa , Nuria a que tiña diante a Silvia. E xa no último
minuto a xogadora do Fisober , Noelia evitaba o gol do Leis baixo paus.
En definitiva merecida victoria do Leis , ante un Fisober
que deu moi boa imaxe ante un rival plagado de xogadoras de superior categoría.
Unha derrota que non desmerece a enorme tempada na que foron Campeonas de LigaAutonómica, Subcampeonas de España e Subcampeonas de Copa, maior mérito si cabe xa que
na súa maioría estas xogadoras formaron o primeiro equipo alevín e infantil que tivo o clube
fai menos de oito anos, as que se lle foron sumando coetáneas súas que levan casi os mesmos anos no clube.
Agradecer tamén a gran presencia de siareiros do Fisober que
preferiron ir animalas que disfrutar dun magnífico día de praia.
O CAMIÑO A FINAL :
SEMIS VOLTA.
SEMIS IDA.
CUARTOS VOLTA.
CUARTOS IDA.
Fase previa exentas.
O CAMIÑO A FINAL :
SEMIS VOLTA.
SEMIS IDA.
CUARTOS VOLTA.
CUARTOS IDA.
Fase previa exentas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario