RESULTADO : FUNERARIA APÓSTOL – FISOBER “CONCELLO DE
VIMIANZO” : 4-4.
F. APÓSTOL : Nerea, Ángela, Belén, Montse, Alba ; tamén
xogaron : Irene, Cecilia e Carla.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Olalla, Alba, Eva,
Inés e Laura.
ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.
GOLES : 1-0 Alba, 1-1
Barca, 2-1 Belén, 3-1 Irene, 4-1 Irene, 4-2 Ana ( descanso ), 4-3 Nuria, 4-4 Patri.
Emocionante e vibrante partido de ida das semifinales da Copa de Autonómica
Femenina o que se disputou o sábado en
Santa Isabel, que transcurrío cun parcial para cada equipo e que deixa as espadas en
todo o alto para o partido de volta en Vimianzo do vindeiro sábado onde se
decidirá cal dos dous equipos optará o título de Copa.
Que se enfrontaran os dous conxuntos máis goleadores na
Liga, prevía un trepidante partido como así foi, baixo un abafante calor na
pista.
Comenzaron moito mellor as locais, máis enchufadas o
encontro e así os catro minutos unha
fulvurante contra remataba co gol da local Alba para poñer as súas por diante.
Pouco lles durou a ledicia xa que nunha xogada na que
combinou a perfección o Fisober rematou co gol de Barca a pracer para devolver a
igualada. Algo que foi un acicate para
as locais que , ben colocadas atrás ,salían en perigosas contras.
Os nove minutos tiña que ser Paula a que evitara que Alba
puxese en vantaxe as locais. Unha Paula que non puido facer nada para que si o
fixese Belén os dez minutos , e anotase o dous a un no electrónico.
As locais seguían o seu e saíndo como centellas, e de novo
Paula tiña que atallar diante de Belén os doce minutos.
Pero a cinco para o fin deste periodo chegou o momento da
local Irene, quen despois dunha extraordinaria xogada individual facía o
terceiro gol despois de desfacerse de tódolas xogadoras do Fisober que lle
saíron o paso. E nese mesmo minuto aproveitando o saque longo da súa porteira
poñía o catro a un que poñía contra as cordas as da Costa.
Un par de minutos de descontrol, no que Paula axudou a
que o tanteador non se ampliara e chegou o momento do Fisober.
Case entrando no último minuto unha boa xogada das visitantes non era quen de
finalizala Ana por pouco . Unha Ana que
si aproveitou un balón na frontal e cun sensacional lanzamento poñía o catro a dous antes de chegar
o tempo de lecer.
A segunda metade comenzou cunha contra das locais que aínda
non se sabe como erraron casi sin oposición, fixeronse un lio na definición.
Pero a partir de ahí case rematou o perigo local. E nas poucas veces que
desperezaban atopábanse cunha moi atenta Eva.
O Fisober tocou arrebato e foi acumulando ocasión , tras
ocasión cada cal máis clara pero semellaba que non era o día e non querían entrar.
Xa no minuto dous foi Patri a que fixo un lanzamento o pau.
Seguiu o acoso total das visitantes, pero o gol que recurtara o resultado non
chegaba. Os seis minutos era Barca a que erraba inexplicablemente o que parecía
un gol cantado.
Comenzaba a desesperación visitante incrédulas por errar tanta ocasión. Os oito minutos era Alba a que
vía como o seu balón paseabase pola liña de gol , e os seus posteriores remates topabanse cunha xogadora local.
Os doce minutos era Barca a que novamente lanzaba sin
porteira pero con Montse
baixo paus o balón dáballe no tacón e iase o pau e de novo non quería entrar.
Parecía que unha forza externa evitaba os goles nesa portería.
Os trece minutos unha nova combinación do Fisober remataba
co lanzamento de Patri que novamente se ía o pau, rexeitaba nunha xogadora
local e caialle a Nuria que por fin conseguía o ansiado terceiro gol e rompía o
maleficio.
Seguiu remando o Fisober e as ocasións seguían
aparecendo ahora xa na busca da
igualada, a máis clara cun lanzamento de Nuria pero o gol non chegaba.
E non foi ata a falta de 47 segundo cando despois de varios
rexeites , un lanzamento de Barca,un rexeite e o balón quedaba os pes de Patri que fusilaba para facer xustiza e
igualar o partido.
Este último minuto foi tolo xa que a 33 segundos para o fin un lanzamento dende a frontal de Patri era repelido polo pau. Na contra desta xogada era Montse a que tiña unha
inmellorable ocasión ante Eva. E aínda deu tempo para a réplica do Fisober para
unha doble ocasión de Barca e Patri para finalizar o partido.
En definitiva un grandísimo partido , cunha metade para cada
equipo o cal deixa a eliminatoria aberta para o enfrontamento do vindeiro sábado as 20 horas en Vimianzo onde o Fisober ten a oportunidade de plantarse na Final de Copa Autonómica por primeira vez
na curta
historia do clube ,co cal fai un chamamento para que o público se anime
a acompañalas neste transcendental partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario