CAMPEONATO DE ESPAÑA : PARTIDO UN DO GRUPO B.
RESULTADO : BEREZI 99 – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “.
0-7.
BEREZI 99 : Ane, Saida, Vicky, Elma, Nerian ; tamén xogaron
: Ana, Raquel, Joana, Iaione.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla,
Eva e Alba.
Javier García e Arian Santos foron os árbitros do colexio
Castelán leonés e o mesa Mario Martín do
colexio extremeño.
GOLES : 0-1 Nuria, 0-2 Olalla, 0-3 Nuria, 0-4 Ana ( descanso ) 0-5 Patri, 0-6 Myrella, 0-7 Noelia.
Xogou este venres o Fisober o seu primeiro partido no
Campeonato de España e ganou de maneira rotunda o campeón vasco a pesar de que saltaron a pista algo nerviosas
ante tan histórico partido para entidade.
A saída foi en tromba das da Costa e Ana tiña a primeira
opción de gol no primeiro minuto e no minuto dous foi Patri a que tivo outra
moi boa ocasión.
Pero as vascas ben colocadas atrás saían en perigosas
contras, e así a súa mellor xogadora Vicky mandou o balón o pau da portería defendida
por Paula poñendo o medo no corpo as da Costa.
A resposta do Fisober foi por parte de Nuria por dúas
ocasións pero non conseguía o ansiado gol. E de novo Vicky se lanzaba nun
contragolpe e de novo o pau salvaba o Fisober.
Os seis minutos era a xogadora do Fisober Patri a que
se atopaba co pau. A cal seguiron ocasións de Ana e Barca. A pesares de
ter o Berezi pechado no seu campo non
chegaba ese gol que abrira a lata.
E Vicky seguía asustando a contra aínda que cada vez menos.Pouco
despois chegou un novo lanzamento de Patri o longueiro. E por fin no minuto 15
unha combinación de Patri e Nuria rematou co gol desta última que abriu a lata
e fixo que o equipo vasco se viñera abaixo.
Barca case consigue o segundo pero a porteira Ane fixo un paradón.
A quen non pudo parar foi a Olalla que despois dunha extraordinaria xogada
individual defenía para o 2 a 0 nun auténtico golazo a catro para o fin.
As do Berezi quixeron dar un último zarpazo por medio de
Vicky pero non conseguíu batir a Paula que a frenou por dúas ocasións.
Chegando o último minuto era Nuria a que consegúia o 3 a 0 .
Pouco despois unha combinación entre Ana e Patri tivo preto o cuarto. O cal
chegou a tres segundo para o fin cando Nuria lanzou o longueiro e no rexeita
Ana aproveitou para facer o 4 a 0 de cara o tempo de lecer.
A segunda metade xa comenzou cun menor ritmo pero os dous minutos Patri tiña unha ocasión.
Unha Patri que despois dunha excelsa combinación do equipo en ataque facía o
quinto despois dunha última parede con Barca.
Os minutos ían pasando co partido xa sentenciado e de novo
as vascas se atopaban co pau esta vez foi Saida. A resposta do Fisober foi cun
pase de Nuria o oco que tranformou Myrella para facer o 6 a 0.
E no minuto dez era Noelia a que facía o sétimo para as do
Fisober. Unha Noelia que mandaba o pau sólo un minuto despois. Pouco despois era Alba a que tiña unha nova oportunidade.
A seis para o fin era a vasca Saida quen despois de superar
a Eva vía como Olalla salvaba o gol ata en dúas ocasións. Fisober buscaba aínda
algún gol máis e foron Noelia e Olalla as que case o consiguen. Para rematar o
partido cunha ocasión da mellor xogadora
do Berezi Vicky , pero Noelia baixo
paus non permitiu que a porta do
Fisober fora perforada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario