CAMPEONATO DE ESPAÑA : FINAL
RESULTADO : VILLA – ALBA
- FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 8-2.
VILLA – ALBA : Isa, María, Mati, Vane e Carmen ; tamén
xogaron : Ale e Irene.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Ylenia, Myrella, Noelia, Eva,
Olalla e Alba.
Os árbitros foron Antonio Barrioluengo e Armando González e
a mesa Berta García do colexio leonés.
GOLES : 1-0 Mati, 1-1
Ana, 2-1 María, 3-1 María ( descanso ) 4-1 Vane,5-1 María, 6-1 María, 7-1
Mati, 8-1 Irene, 8-2 Alba.
Non pudo ser para o Fisober na Final do Campeonato de España
fronte o Villa-Alba de Albacete algo que non desmerece o enorme éxito das
rapazas da Costa que gracias o temporadón que andan a facer e o seu título de
Liga ganaron o billete para o Campeonato e
nel chegaron ata a Final. E aínda teñen pendente a Final da Copa
Autonómica fronte o todopoderoso Leis Pontevedra, unha Final que parece que se
xogará o vindeiro domingo na zona de Santiago. ( Domingo 24 as 18 horas en Bertamiráns parece ).
Pode que o Fisoberacusara o enorme esforzo do día antes para chegar a Final cunha remontada in extremis
,xunto cun último minuto da primeira metade na que recibiu dous goles , ademáis
dun rival albaceteño que era un equipo moi físico que se levou a maioría das
disputas. Un Villa-Alba que foi merecidísimo campeón.
Xa no segundo minuto Mati a pracer facía o 1 a 0 despois dun
pase de María. Tocáballe de novo remar contracorriente o Fisober como tantas
veces nesta tempada. E os cinco minutos era Ana a que respostaba para as da
Costa.
As de Villa-Alba buscaban unha e outra vez a súa capitana
María que poñía unha e outra vez en apuros a unha moi inspirada Paula.
Mediada a primeira metade chegaron os minutos de Patri quen
por dúas veces non era quen de batir a
unha tamén moi segura Isa. E no ida e
volta tocaballe de novo as albaceteñas que se atopaban con Paula primeiro foi
María e despois foi Vane as que non puideron batila.
No minuto 13 tiña Villa-Alba unha clarísima triple ocasión. Respondía tamén Barca cunha
inmellorable opción de gol que non aproveitaba.
Así ata que a dous minutos para o fin unha presión das do
Fisober en ataque remataba con Ana rebañando o balón para igualar o partido
ante o despexe da porteira. E sólo un minuto despois un lanzamento de Nuria a
piques estivo de poñer en vantaxe as da Costa.
Pero entrando no último minuto nunha xogada aínda máis
estrambótica da que deu o gol o Fisober
a albaceteña María poñía de novo en vantaxe as súas. Unha vantaxe que
incrementaría a mesma María a solo tres segundos para o fin da primeira metade
aproveitando de novo un balón no borde do área.
E a volta dos vestiarios o cuarto para as albaceteñas por
medio de Vane, un gol que foi xa unha lousa
imposible para a moral das do Fisober que en apenas un minuto con tempo
de lecer de por medio apañaran tres goles.
As albaceteñas aproveitaban cada erro no pase ou no control
das da Costa para que María puxese a proba unha e outra vez a unha enorme Eva
que mantiña a flote como o fixera antes Paula as súas.
Eva moi atenta non deixaba que María que seguía a sumar
ocasións incrementase a súa conta e así
aguantou o Fisober durante doce minutos. Polo medio deles algunha ocasión para
as da Costa aínda que poucas. Pero nin
Nuria , nin Barca aproveitaron as máis claras.
Ata que a sete para o fin de novo María facía o quinto e mataba definitivamente o
partido. Unha María que facía o sexto nese mesmo minuto e Mati o sétimo solo un
minuto despois.
A dous para o fin Irene marcaba o oitavo que foi contestado
por Alba xa dentro do último minuto para facer o definitivo oito a dous.
Remataba o partido entre as bágoas das xogadoras da Costa
despois de perder de maneira tan rotunda a Final do Campeonato de España, o cal
non pode desmerecer a excepcional e
histórica tempada que están a facer con
título de Liga, subcampeonato de España e a presenza na Final de Copa
Autonómica que se debe disputar a vindeira semana fronte o todopoderoso Leis Pontevedra que ven de golear 12-2 o
subcampeón de Liga o Mos nas semifinales.
Dende o Fisober queren agradecer de maneira especial o
fisioterapeuta Manuel Mira Llopis pola axuda prestada as súas xogadoras durante
este Campeonato. Tamén agradecer o esforzo dos siareiros que se desplazaron para
calquera dos tres partidos e a xente que aínda que non se pudo desprazar
seguiunas dende a distancia.
PARTIDO FRONTE O EMERITENSE.
PARTIDO FRONTE O BEREZI 99.
PARTIDO FRONTE O EMERITENSE.
PARTIDO FRONTE O BEREZI 99.
No hay comentarios:
Publicar un comentario