CAMPEONATO DE ESPAÑA : PARTIDO DOUS DO GRUPO B.
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “ – C.F.
EMERITENSE . 4-3.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana, Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella, Eva, Olalla
e Alba.
EMERITENSE : Bea, Elena, Laura, Anita, Paula ; tamén xogaron
: Ele, Nuria, María e Lucía.
Os árbitros eran Carlos Giménez e Pablo Sorribes e o mesa J.
Luís Rodríguez do colexio de Castellón.
GOLES : 0-1 Paula, 0-2 María, ( descanso ) 0-3 María , 1-3 Myrella, 2-3 Nuria, 3-3 Ana, 4-3 Barca.
O Fisober tivo que vir dende o inferno e remontar un 0 a 3
para chegar a Final do Campeonato de España, nun auténtico partidazo de ambos
equipos, o mellor ata a data.
Salío o Fisober a por todas e no minuto dous xa Patri tiña a
primeira ocasión. E os catro minutos era Barca a que non foi quen de marcar.
Pero as xogadoras extremeñas
moi ben colocadas atrás saían a contra como centellas e na primeira
ocasión fixeron o 0 a 1 por medio de Paula os catro minutos.
Un resultado que as eliminaba xa que as da Costa necesitaban
como mínimo un empate. Puxeronse mans a obra, e os seis minutos foi de novo Barca quen non era capaz de batir a unha inmensa Bea. E deseguido foi
Ana a quen non foi capaz.
E claro quen perdoa paga e na segunda saída as emeritenses
aproveitárona de novo por parte de María para facer o 0 a 2. E case consiguen o
terceiro nunha loita de Paula´s que ganou a porteira do Fisober.
Chegábase a media parte
e Nuria lanzaba pero atopábase con Bea de novo. E pouco despois foi
Noelia quen lanzaba o pau pero o balón seguía sin querer entrar.
As extremeñas seguían defendendose de maneira extraordinaria
e salindo a contra de forma punzante e desta vez era Anita quen facía lucirse a
Paula. O partido non defraudaba, e Nuria
non era capaz de marcar.
Pero o C.F. Emeritense tiña aínda tiña unha última opción
antes do tempo lecer por mediación de María.
Entraba na segunda metade o Fisober ca necesidade de facer
dous goles, e Nuria era o seu estilete pero ata en tres ocasións se atopaba con
Bea. E cando mellor estaban a xogar as da Costa de novo unha contra das extremeñas os cinco minutos
remataba cun gol de María que facía o 0 a 3 e unha lousa na moral do Fisober.
Chegaron os peores momentos para as da Costa, e a emeritense
Lucía mandaba o pau pouco despois. Momentos nos que tivo que aparecer Eva para
manter con vida o Fisober.
E cando xa parecía todo perdido chegou o espectacular gol de
Myrella de tacón para voltar dar aire as súas. Maís aínda cando un forte lanzamento
de Nuria poñía o 2 a 3 e máis leña o fogo. O Fisober quedábase a un gol da
Final e tocou arrebato.
Pero claro tanto risco tiña as súas consecuencias e facía
que Nuria tivera que frenar unha contra cun agarrón como xa fixera minutos
antes o que lle valeu o segundo cartón
amarelo.
Aínda así as da Costa non se rendían e da man de Patri tiveron dúas moi boas
ocasións pero o gol non quería entrar.
Ata que unha xogada das típicas do Fisober rematou co gol de Ana e co delirio
do banquillo e afección, cando sólo quedaban dous minutos para o fin. Un gol
que supoñía a clasificación das da Costa para a final.
Co cal as extremeñas arriscaron ca porteira – xogadora , aínda
que non puxeron en apuros as do Fisober. Primeiro Eva para o Fisober , dende
propia portería probaba pero o seu lanzamento foise lamendo o pau.
E no último segundo era Barca a que marcaba o 4 a 3 e vía
como todas as súas compañeiras se lanzaban cara a ela para celebrar o pase a
final despois de un auténtico partidazo por ambos equipos.
Dende o clube agradecer a colaboración do fisioterapeuta
Manuel Mira Llopis que atendeu as xogadoras do Fisober tanto antes como despois
do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario