Nota de prensa
Xa esta en marcha por terceiro
ano consecutivo a Liga de Verán de fútbol sala que organiza o Concello de
Muxía.
A inscripción é gratuita e o
incio da competición esta previsto para o luns 18 de xuño, os partidos
xogaranse de luns a venres ás 20:30 h e ás 21:30 h.
Idade : Maiores de 16 anos.
Ata o de agora xa están anotados
equipos de Vimianzo, Baiñas, Mazaricos e Muxía
O ano pasado o campión foi O
Cordobés (Muxía) que derroto na tanda de penaltis o Loureiro/Coral (Vimianzo)
despois de rematar o partido con empate a 1 gol
O máximo goleador da liga foi Fran do Fisober con 23 goles
anotados
O porteiro menos batido foron Santi e Simón do Clínica Sar
con 16 goles encaixados
Tódolos equipos interesados
poderan anotarse no teléfono 635436173
O prazo para inscribirse remata o
mércores 13 de xuño.
Na do ano pasado :
Chegou o seu fin a II liga de fútbol sala de verán do
Concello de Muxía, participaron un total de 10 equipos clasificándose para os
playoffs polo título os 8 primeiros.
O Cordobés impuxose na final ó Loureiro-Coral na tanda de
penaltis despois de chegar ó final do tempo regulamentario con empate a 1 gol.
A primeira parte foi moi igualada adiantandose no marcador os de Vimianzo por
medio de Paco ó transformar una falta a tan so 1 minuto para o final.
Xa na segunda parte a tónica foi a mesma, moito respeto por
ámbolos dous equipos, ainda que os muxians do Cordobes tiveron que adiantar
liñas para intentar igular o resultado, o empate chegou a 5 minutos para o
remate do partido por medio de Jose o que supuxo que se chegara ó lanzamento
dos penaltis donde a fortuna sonreiu ó equipo muxian.
O Cordobes para chegar á final tivo que desfacerse en cuartos
do Fisober por 5-3 e en semifinais do P.Inferno-Barral por 4-1
Pola sua banda o Loureiro-Coral desfixose do Clínica Sar en
cuartos ós penaltis e en semifinais derrotou ó Seguros Sanchiño por 3-2
O máximo goleador da liga foi Fran do Fisober con 23 goles
anotados
O porteiro menos batido foi Santi e Simón do Clínica Sar con
16 goles encaixados
A organización quere resaltar a gran afluencia de público durante
toda a Liga e agradecer ós árbitros Luis Sambad, Luis Romaní e Angel Conde a sua
labor e tamen agradecer os equipos participantes o bo comportamento durante
toda a Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario