Pois cando menos críamos que podía pasar vai o Chus Ma Team e levanta a Undécima Copa de Europa de Basket, unha Euroliga para sumarse as catorce en fútbol e facer 25 entre os dous grandes deportes de equipo.
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
viernes, 26 de mayo de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
Vini.
Estoupou definitivamente o tema Vini, e claro como xa deu o volta ó mundo agora a xente rásgase as vestiduras e recolle cable. Nos somos os culpables, non sabemos comportarnos como sociedade e solo vemos cos nosos cores. Como me di sempre unha persoa que me quere moito, si como sociedade sinaláramos sempre o que se salta os pasos de peóns, os que tiran cousas o chan, non recollen os excrementos do can, a primeira rebótanse pero se sempre llo din igual se lles cae a cara de vergoña, pois aquí o mesmo. Xustificamos o noso e criticamos os outros.
martes, 23 de mayo de 2023
O gran Camiño. Muxía.
Pois xa temos rival e camiño para o Muxía na busca do ascenso a Primeira Galicia. Iniciamos o noso Gran Camiño o domingo as 17 horas fronte ao Cacheiras. Vamos encher a Arliña o domingo, bo lugar para pasar o día das municipais.
jueves, 18 de mayo de 2023
RTuisMadrid: Bye Bye.
Despois da debacle de onte, tocan os tuister star, pensan moitos coma un servidor, de momento os stars quizais nuns días, o que escribe, pero curioso porque tamén tiven a sensación do día do Milán e tamén do da Juve e Nedved pasando coma un avión sen Makelele:
miércoles, 17 de mayo de 2023
O Real Madrid e as Letras Galegas.
Pois chega a Semana Fantástica do Real Madrid como club, un todo ou nada que coincide curiosamente cas Letras Galegas e cas Festas da Ascensión en Santiago, que tan bos recordos. Ata catro equipos de diferentes seccións xogan partidos do Mata-Mata coma din os lusófonos.
lunes, 15 de mayo de 2023
Algo máis sobre o ascenso e a Copa.
Onte o traballo deixounos a oportunidade de pasar pola Arliña, podendo disfrutar do amigable vs o UC Cee con triunfo para os locais por catro a un.
sábado, 13 de mayo de 2023
Xestión.
Fai tempo que tiña en mente falar algo sobre a dificultade da xestión de grupos e dos egos nos vestiarios e despois dunhas conversas onte toca darlle vida.




