“O Real Madrid é un dos clubs máis esixentes do mundo. A presión é inmensa, así como o ruído que che rodea. Sempre haberá alguén agardando para ocupar o teu posto.
En total, pasei 25 anos no Madrid; comecei alí sendo novo ,aos 21 anos, traballando nas categorías inferiores. Coñezo o ambiente, a ambición do club e o alto nivel de esixencia que marca para todos. E sei o difícil que é acadar os obxectivos fixados e xestionar ese proceso —e esas expectativas—.
Fun asistente de Scariolo, Javier Imbroda, Julio Lamas... e despois, durante oito ou nove anos —perdín a conta—, de Pablo Laso. Aprendín moito de todos eles. Esa última etapa con Laso foi unha clase maxistral incrible sobre como xestionar unha gran variedade de situacións.
Por suposto, tiven que cambiar o meu rol dentro do equipo. Ao principio, os xogadores coñecíanme como asistente; tiña que apoiar o adestrador principal e, á vez, facer que os xogadores me visen como alguén accesible e próximo. Pero logo pasei a ser o adestrador principal e tiven que cambiar a mentalidade: agora es "ti" quen ten que tomar as decisións”.
Chus Mateo nunha entrevista con *Diario AS*.
No hay comentarios:
Publicar un comentario