Vamos cuns apuntiños sobre o Real Madrid para a tempada 24/25 por petición popular.
Un ano máis o reto para o Madrid vai ser renovar ó título de Liga, algo que nunca acadou Florentino dende que é presidente. Acadou tres Champions seguidas pero nunca dúas Ligas, manda truco. Hansi con pouco que faga mellora a Xavier. E o Atleti se ficha a Julián tamén.
Todo isto nun ano post Euro e post Copa América co que van chegar os xogadores cando van chegar. Ademais na tempada con máis partidos para o Real Madrid de sempre e con ata sete títulos en xogo. Porque o 14 de agosto xa é a Supercopa de Europa, despois xa hai Liga, Champions con máis partidos ca nunca, Copa do Rei, Supercopa, Intercontinental e Super Mundial de Clubs, non menos de cincuenta e pico partidos cun tope de 72, partidos de seles aparte, de tolos vaia.
Co cal aquí apostaríamos por un plantel longo, no que vemos primordial un central pero como o club sempre nos leva a contraria e lle sae ben, pouco que dicir temos.
Fóronse Nacho, Kroos e Joselú, para chegar Endricki e Mbappé, aparentemente melloramos en ataque e perdemos na defensa e no medio.
O bo de que moitos esten de vacas é que algún dos pouco habituais ten que aproveitar para ensinarse algo estes días, que xa sabemos como é o Carlo e despois non proban alimento quente. Se quere ver os rapaces da defensa, a Arda, Ceballos, Brahim é ahora, polo tanto non lesionarse estes días é chave para eles.
A portería con Tibú parece ben cuberta, daba a impresión que gañou kilos pero segueu a parar incribel, no que xogou o ano pasado non encaixou gol. Comprendo a situación de Lunin tamén, acepto calquer postura, quedar para xogar algo nesta longa tempada ou marchar para ser titular, iso si, pasando por caixa. Kepa coma suplente váleme.
Na defensa é onde vexo importante fichar, a día de hoxe solo hai dous centrais sanos, Rudiger e Militao. Alaba a saber cando e como volta, porque xa non me fío moito de Militao como para fiarme de David. E non pode ser que Tchou sexa o terceiro central, nin falo de Vallejo que nin da o nivel, nin está nunca sano, porque para un apuro valía pero nin para eso.
Certo é que moitos meses de Nacho e Lucas foron bastante malos, pero remataron coma motos.
Se non van fichar non entendo o desprenderse de Rafa Marín, a min Rafa gustábame, aínda que o vin en directo no Bernabéu co Alavés e bastante mal. Despois teño coñecidos que falan ben del e outros fatal. Supoño que o club sabía co Carlo non o ía poñer e dixo, polo menos cartiños.
A ver que tal estes días con Joan, Jacobo e Asencio. O que máis promete é Joan, que entra en idade xuvenil( coma cadete xogou case toda a tempada no xuvenil A ), Jacobo prometía pero estancouse e as lesións mátano e Asencio ten o xuizo pendente.
Sabedores sodes de que si o Carlo tirara da rapazada aquí firmábamos, pero non é deses. O club vai ter que ir tirando de abaixo, porque os cupos tanto club, coma federación van desaparecendo.
Sei que non van fichar nada, ademais o club pensa que xeracional ou nada, pero a tempada pasada o perfil Joselu ou Lunin salvounos a vida. Porque non un Pepe de volta ou similar, sei que Laporte é difícil, outro que me gusta e moito. A ver que sale.
No medio foise Kroos e siguen o resto. Penso que esta tempada Fede irá máis a base do xogo, e Cama, Tchu e incluso Ceballos deberían ter máis minutos. A Ceballos dábao por perdido pero a marcha de Kroos dalle a enésima oportunidade.
Na mente teño que Jude e Guler van xogar un pouco máis abaixo este ano dado o potencial que hai arriba. De fetio penso que Carlo vai buscar en Guler un novo Di María, miña mente quente polo calor quizais. Algo parecido penso de Nico Paz, si aparece de máis atrás e con traballo pode abrir unha portiña estás semanas. Mario Martín é outro que pode ter outra opción como medio pero no seu posto hai moita competencia.
Arriba foise o plan B como é Joselu, pero chegan dous xogadores xeracionais como son Endricki e Mbappé, unidos a Vini, Rodry e incluso Brahim, moita bomba arriba. Por iso penso que Jude e Guler van xogar un pouco máis atrás.
Creo que vai xogar con tres arriba, con moita mobilidade para os tres, que van ter que defender senón mal vamos, algo dixo no Podcast de Obi Mikel.
Estou impaciente por ver como coloca tódalas pezas o Carlo, porque outra cousa non, pero eses movementos gústanlle.
Bo equipo pero con carencias centrais que poden destruilo todo, recordemos como a saida de Makelele destrozou os galácticos. O central un posto de moita sanción e que non veñan lesións.
En vindeiros días saberemos máis, esto foi un entrante.
P.d. : Dos laterais do filial que viaxan, unha pena que Obrador sexa esquerdo porque ten capacidade, pero no seu sitio non xoga nin Fran, nin xogou Miguel que era moito mellor. Lorenzo Aguado pola dereita, non me di nada, quen si di algo é Fortea que andaba ca sub 19 e non o chamaron, como algún outro que si vai. Fran González na portería ten potencial.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario