Hoxe filtrouse a composición do Grupo de Primeira Galicia onde participará o Muxía e que mellor excusa para deixar unhas palabriñas antes desta noite máxica para Galicia.
Parece ser co Muxía estará nun grupo xunto cos "costeiros", Dumbría, Fisterra, Castriz, San Lorenzo, Esteirana, ademais terá a un mítico tamén costeiro no seu día coma o Club do Mar Caión, canto balón ó mar no campo vello, completan o grupo de dezaoito o Vizoño, Carral, Boimorto, Tordoia, outro mítico coma o Vista Alegre santiagués, Bertamiráns, Bastavales, Calo, Vea, Praiña e Agolada.
O que escribe tiña esta opción coma preferida xa que por motivos laborais igual pillo algún partido a domicilio e todo. Segundo apuntan tamén a liga comezará o fin de semana do sete e oito de setembro, por certo o fin de semana antes da Barca. Unha curiosidade para o que escribe é como se vai facer co partido que toque o quince de setembro, domingo da Barca, porque na Liga da Costa era factible o aprazamento pero non sei como será da fácil na competición provincial.
Sei que había voces que non querían que o equipo ascendera xa que viña unha Liga da Costa con moito nome, Xallas, Soneira, Baio, Cee, Porteño, Camariñas....pero un servidor é dos que pensa que si se da a opción sempre hai que mellorar e probarse. Posiblemente as taquillas sexan peores, e toca viaxar máis pero nunca podemos tomar iso coma negativo. Toca facer as maletas, si, para xogar unha competición mellor, facer as maletas para mellorar nunca pode ser malo, non se fan para emigrar en precario, faise para ir a unha competición de máis nivel. Sempre recordo cando me contan que o noso capitán Michael nunha Copa Deputación eliminou ó Fabril e o Racing de Ferrol co Soneira, esas cousas tamén son importantes. Sei que hai xente que non entende iso, tamén hai xente que pensa que nunca ler un libro é algo bo, cada un pode pensar o que quere, pero non ten porque ter razón.
Que si, que un servidor tamén prefería unha final de Copa e por iso vin ben como se rotou nos últimos partidos da tempada pasada, pensar en Copa sen renunciar a nada, caeu o ascenso pois a darlle.
Hai que atar a economía e non tolear, porque o importante é sentar as bases e ter bases. Por iso paréceme unha gran idea facer un B para non perder rapaces, que tarde ou cedo van ter que vestir a vermella. Xogar cos nosos e cos que queiran acompañarnos, porque coma decían coñecidos meus cando o Dubra subíu a Preferente no seu día, xa temos asegurada a permanencia en Primeira para o ano. Si se fan as cousas con sentidiño, non ten porque haber problemas.
Pois nos igual, sexan cal sexan os resultados temos que seguir ó noso e xa está, non abandoar nin os xogadores nin a directiva, e disfrutar de campos novos e que equipos diferentes visiten a Arliña, e nos de ver equipos diferentes, que nunca vimos por estes lares, para que o señor Álvaro Rodríguez cante.
Porque coma di un coñecido, habitual nos campos da Costa, non hai outro cas vistas da Arliña, de feito despois da final da Copa da Costa, díxome, pena dunha gradiña na zona superior, descoñezo si algo se fará nas obras de remodelación da Arliña, descoñezo tamén se por fin teremos unha luz que nos permita trasnoitar que falta nos vai facer ou tan solo Costas nolo nega ó Muxía.
O importante é competir todos os partidos, pero por encima de todo é sacar o máximo de equipos posibles, iso si ten mérito, prefiro ter moita rapazada no club que gastar todo nun conxunto. De momento os fichaxes son rapazada, aquí é moi querido Carlos Costa, pero Fabián é un vello coñecido e a Adrián toda a sorte do mundo ó igual co novo mister Sergio Pataca, xa que a súa sorte será a nosa.
Iso si teño curiosidade por saber como vai manexar o club tanto horario e cos problemas de luz que hai na Arliña, porque non conto con que Costas de permiso para poñer focos. Tamén teño curiosidade por saber quen van priorizar para o Muxía B, que xogue os sábados para que poda nutrir o primeiro equipo, ou os domingos para que poida nutrirse de xuvenís. Tamén teño curiosidade por saber como se vai facer cas fichas dos sub23 que son os que poden se non recordo mal a normativa os que poden simultanear equipos. Interesante tamén quen vai gobernar o equipo B, xa que un adestrador que os ensine e inspire pode ser chave.
Hai que adestrar e moito porque a Primeira é unha competición moi física, a calidade xa a temos.
Iso nun par de meses saberémolo, pero non podo deixar de aplaudir e apoiar a idea.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario