O Muxía parece que vai facer un filial para competir na Terceira Autonómica e dar saída ós xogadores que este ano rematan a idade xuvenil.
Supoñemos dende aquí que tamén poderían incluirse neste equipo xogadores en idade sub 23 que igual non gozarían dos minutos no equipo de Primeira Autonómica e que estancaría a súa formación, así coma xogadores que non queiran estar no proxecto do primeiro equipo polo que sexa pero si en Terceira con menos esixencia e desprazamentos. Sempre é bo contar cun filial, viuse ben esta tempada cas lesións.
Así reza o comunicado do club:
"Dende a Directiva anuncian a creación do CF Muxía “B” que sairá a competir en Terceira Autonómica, todo aquel que desexe unirse a este novo proxecto será benvido e deberá anotarse nas redes sociais do clube ou no 637588266.
No hay comentarios:
Publicar un comentario