domingo, 24 de marzo de 2024

A Tempestade.

 Un 24 de marzo de 1878 nacía en Muxía, Gonzalo López Abente. Deixamos a continuación un texto dixitalizado no seu día pola RAG para conmemorar o seu nacemento.



A  TEMPESTADE.

Era valente a barca

e arriscado o patrón que a dirixia.

De cor tornando iba o cristal do mar

baixo as nubes loitosas que engulian

as raiolas do sol.

O vento viña

erguendo e baticando a branca escuma.

Fixo  a centela unha fulxente liña

na entrana pavorosa da tormenta,

e cal salvaxe fera montesía

remexeuse bruando o mar salgado;

a branca vela salaióu dorida,

o mastil rechinóu,

fundínose nas augas as cruxias,

as cordas do aparello refungaron

e, coma un galgo ceibo na campía,

a miña barca entoleirada corre

e entre os tombos do mar leda rebrinca.

Nas mestas sombras o timón amostra

a inqueda barca unha iñorada via;

que o corazón amante unha esperanza.


No limiar da súa obra póstuma Decrúa falaba do seu nacemento : " .... un día coma hoxe 24 de marzal do ano 1878 ás catro da serán, que cadrou en domingo, con feira en San Isidro, abrín os ollos á vida pola fiestra da casa do cabo da Grixa en que moraban meus pais, ollei craramente un outro cruceiro e que no seu cume agoniaba un mártir cos brazos en crús. Aquel día escoitei a rapsodia máis subrime e fíxeme segrel. Pillei un laúde e con ele ao lombo boteime a cantare polo mundo adiante...." ,vía Consello da Cultura Galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario