SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
LEGANÉS – FISOBER F.S.F. : 7-0.
LEGANÉS : Marta
Balbuena, Andrea, Puche, Sara Sanz e Patri Montilla ; tamén xogaron : Marina,
Sila, Aida, More, Sandra, Amparo e Mireia.
FISOBER : Leti, Mai, Ana, Myrella e Noelia ; tamén
xogaron : Raquel e Inés.
ÁRBITROS :
Cristian Cubero e José Luis Cejudo , CRONO : Ana Sánchez.
GOLES : 1-0 Sara
Sanz, 2-0 Puche , 3-0 Puche ( descanso
), 4-0 Sila, 5-0 Marina, 6-0 Marina, 7-0 Marina.
Partido disputado
na mañá do domingo no Pavillón La Fortuna de Leganés.
A pesares do
resultado o Fisober ofreceu unha boa imaxe mentrás o osixeno e as lesións llo
permitiron. A unha Inés con problemas nun nocello e que solo xogaría por forza
maior, acumulouse unha torcedura tamén de nocello de Ana, o que fixo que o
equipo xogara sen trocos case toda a segunda metade.
Arrancaban os
dous equipos algo aletargados, quizais non lles sentaba ben madrugar. Aínda así
as da Costa defendían con solvencia o ataque dun dos cocos da categoría.
Incluso os catro
minutos Mai nunha contra tiña unha gran ocasión desbaratada pola porteira
local. Respostaban as “pepineras” cun lanzamento que entre Leti e o pau evitaban
que fora o primeiro gol do partido.
Dominio local e
contras visitantes, así se dispuña o partido. Os sete minutos Myrella enviaba
un lanzamento o pau. E a resposta local desta vez foi cun gol de Sara Sanz os
oito minutos para abrir o marcador.
Co mesmo guión
foron pasando os minutos ata que a tres para chegar o tempo de lecer Puche
facía o segundo gol local.
Máis duro sería
cando a sete segundos para o fin desta primeira metade Puche facía o tres cero,
dando un duro golpe as visitantes que tan ben traballaran a primeira metade
cunha rotación tan curta. Aínda así un lanzamento de Ana a desesperada case sen
tempo foise o trabe da portería local.
Arrancou a
segunda metade e o pouco do inicio, nunha xogada fortuita Ana torcía o nocello
non podendo continuar e deixaba sen
cambios as visitantes, solo ca tocada Inés.
Cambiaba
totalmente o partido xa que as locais intensificaron o dominio e as visitantes
xa case non asustaban, perdendo folgos co paso dos minutos. Tocaba defender ,
enorme esforzo de todas dende Leti na portería ata calquera das xogadoras de
pista que deixaron sen goles a súa portería durante case dezaseis minutos.
Un golpe de
Myrella mediada a segunda metade , fixo que a renqueante Inés xogara incluso un
segundos.
E así aguantaron
as da Costa ata os catro últimos minutos, sen recibir un solo gol na segunda
metade. Pero os últimos catro fixéronse eternos e os goles primeiro de Sila e despois unha
tripla de Marina puxeron o amplo sete a cero final para un Fisober que
traballou moi ben a pesares das dificultades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario