SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :A.D. ALCORCÓN “B” – FISOBER F.S.F. : 1-2.
ALCORCÓN B :
Marta, Huda, Anita, Raquel Mena e Sheila ; tamén xogaron : Jessi Troco, Elsa
Echarri, Paula, Alba Aguilar, Jesica e Ana.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella ;
tamén xogaron : Mai e Laura.
ÁRBITROS : Daniel
Pérez e Javier Montero , CRONO: Sheila
Alonso.
GOLES: 0-1 Noelia, 1-1 Huda, 1-2 Inés , ( descanso ) , tralo
descanso non se moveu o marcador.
Partido disputado
na tarde do sábado no P.M. Santo Domingo de Alcorcón co que se poñía fin a
primeira volta na Segunda División Nacional do fútbol sala feminino.
O Fisober grazas a un gran traballo e concentración
defensiva durante os corenta minutos, sumado a que desta vez si aproveitou as
oportunidades e o chisco de sorte que sempre fai falla, acadou unha importante
vitoria a domicilio que os saca de momento dos postos de descenso.
Arrancaba o
partido moi definido, dominio do Alcorcón e as costeiras repregadas tentando
saír rapidamente a contra.
E así pasaban os
minutos, sen saír ningún dos dous equipos do seu guión.
O traballo do
Fisober lograba os seus froitos, o esforzo e concentración de cada unha das
costeiras que aparecían pola pista era encomiable.
E así foi como se
chegou a uns últimos dous minutos tolos da primeira metade onde se marcaron os
tres goles do partido.
Golpeou primeiro
Noelia para as costeiras despois dunha xogada de saque de banda. Case non
puideron saborear o gol as costeiras, xa
que no mesmo minuto a local Huda poñía a igualada no electrónico nun lanzamento
de falta.
E cando se
chegaba o último minuto da primeira metade chegou o que puido ser o momento
chave do partido cando Jesica desaproveitou unha inmellorable ocasión ante Leti
para adiantar as locais e acto seguido unha contra visitante era finalizada por
Inés para levar o Fisober en vantaxe o tempo de lecer.
Na segunda metade
as locais puxéronlle unha marcha máis o partido se cabe. O Fisober debía
redobrar esforzos se quería sacar algo positivo desta difícil pista e así o
fixo. As xogadoras da Costa deixaron ata a última gota de suor para acadar a
vitoria.
O partido practicamente desputábase na media pista que defendía o
Fisober. Pero o xenial traballo defensivo das xogadoras visitantes
non deixaba que se movera o electrónico. E se o entramado defensivo era
superado aparecían ou Leti ou os paus que desta vez decidiron xogar co Fisober.
Co paso dos
minutos o dominio local era máis abrumador, pero a contra apareceron oportunidades que puideron matar o partido a
máis clara para Inés.
Os últimos
minutos foron dramáticos a xa curta rotación visitante pola baixa de última
hora por enfermidade de Raquel sumouse a lesión de Inés.
Os folgos xa eran
poucos e o acoso cada vez maior, pero as locais non atopaban o gol do empate e
iso daba un último empurrón as costeiras para seguir loitando.
Nos últimos dous
minutos o Alcorcón sacou o ataque de cinco, pero non foi quen de acadar o seu
obxectivo.
Vitoria de moito
prestixio para as costeiras que traballaron arreo para acadala e que desta vez
tiveron a sorte que outras veces lles deu as costas esta tempada.
A vindeira semana
xornada a domicilio de novo, toca render visita o segundo clasificado o
Leganés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario