SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO:
FISOBER F.S.F. – C.D.E. MORA :0-2.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella ;
tamén xogaron : Mai e Raquel.
MORA :Virginia,
Cris, Sheila, Laura e María ; tamén xogaron : Elena, Tere, María Bravo, Clara e
María Cuervo.
ÁRBITROS : Miguel
Sierra e Fco Javier Roldán , CRONO :
Javier Sánchez.
GOLES : Con 0-0
chegouse o descanso , 0-1 Tere, 0-2 Laura.
Partido disputado
na tarde noite do sábado cun bo número de público en Vimianzo co que as da Costa pechaban a primeira volta como locais.
O Fisober
realizou unha gran primeira metade pero non foi quen de adiantarse, o que
perdoa sole pagalo e pagouno caro
mediada a segunda cando Tere adiantou as
toledanas.
Era un partido
vital para ambos equipos que chegaban igualados na parte baixa da
clasificación. Resaltar que a pesar da
intensidade e importancia do encontro foi un partido moi deportivo.
Saíron moi
concentradas as costeiras e con moitas gañas o partido, pola súa banda as
visitantes esperaban en media pista tentando enlazar algunha contra.
Froito do empuxe
local chegaban as primeiras ocasións pero sen acadar un merecido premio que as
puxera por diante. A pesar de non ter éxito non desistían. Ana, Noelia, Raquel
ou Inés tiñan boas ocasións pero ou a falta de acerto ou a porteira visitante
facían que o resultado non se movera.
Co paso dos
minutos as toledanas fóronse desperezando do dominio local e chegaban de vez en
cando con perigo ante a porta das da Costa pero Leti era quen de solventalas.
Gran primeira
metade do Fisober, multitude de ocasións pero resultado gafas o tempo de lecer.
O arranque da
segunda metade xa foi máis igualado, e o dominio local xa non era tan claro.
Agora as ocasións eran por ambos lados e
as porteiras tomaban máis protagonismo se cabe.
Ata que os once
minutos desta segunda metade un erro local era aproveitado por Tere para poñer en vantaxe as visitantes. Moi costa
arriba se lle poñía o partido o Fisober, que debía arriscar máis se cabe.
Arriscou e tivo
algunha que outra ocasión , pero tamén concedía cada vez máis. Pasaban os
minutos e o gol da igualada non chegaba. Froito de asumir riscos chegou a
quinta falta local, a espada de Damocles dos dobres penaltis cernía sobre elas.
Algo que chegou a
minuto e medio para o fin cando un dobre penalti o borde do área era transformando
por Laura para pechar o partido. O
último minuto e medio foi un querer e non poder local, que vía como se lle
escapaba un partido no que mereceu moito máis.
A vindeira semana
toca visitar Alcorcón para pechar a primeira volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario