Onte intentei ver
os dous Real Madrid o de fútbol e o de basket, é dicir tentei ver todo e non
vin nada, a iso sumeille que vin arrancar o Efes-Cska e rematar o Maccabi –
Barça, de tolos vaia. Non me da para un gran análise pero si para unhas
pinceladas.
Quero arrancar
falando do tema Bale que me ten ata os mismisimos , agora quedoulle fama de
chupón a Bale e listo. Esa campaña orquestrada dende o periodismo anti-Floren.
Os mesmos do Ouija ( onde o terán vaia vergonza co tema ), os mesmos que onte
dicían que con Casillas porteiro pasábamos….. buff o que hai escoitar. Eses que
lle bailan a auga o Churu e Iker. A eliminatoria perdeuna o señor Ramos, si deunos a Décima e ten certa
bula, pero podemos criticalo eh sen problemas. Como dixen a semana pasada dende
o Mundialito, os periolistos amigos subíronlle os fumiños e faille falta un
toque de atención, que este logo tolea e pensa no programa das formigas, cante,
subidas de soldos e balóns de ouros. Eses periolistos antimadridistas dándonos
leccións de madridismo, se Ramos fora galés falarían igual del ? en fin.
Eses mesmos que
no seu día queimaron a Benzema, a Cristiano, a Zidane, sen eles xogábamos
mellor tiraban o vento ou dicían que De las Cuevas era mellor ca Modric,
eses son os que van agora a por Bale. Modric ese si que se nota.
Se lle sumamos
que os xestiños de Cristiano non axudan pois o Bernabéu encima. Tampouco axuda
a posición no campo, na dereita vese obrigado sempre a buscar a súa esquerda o
que o leva unha e outra vez cara o embudo
central e o obriga moitas veces a chupar , como fai Cristiano que el
tamén chupa. Cando cae a esquerda ou dende o centro é moito máis asociativo , participativo e
menos chupón.
Di moito do
entorno do Real Madrid que un xogador
como Bale dubide de si mesmo antes de actuar. Do dañino que é en concreto. Non
o esquenzan Gareth Frank Bale , si que
Vale.
Agora vou cas
pinceladas ou pandullasos como queiran, arrancarei co fútbol .
O primeiro non
sei a quen lle cabe na cabeza que para un equipo como o Real Madrid, sexa bo caer
dunha competición. É a menos importante pero debemos competir por todas. O
único que alivia é que Atleti e Barça terán que turrar entre eles.
Segundo, o Real
Madrid nestes dous partidos co Atleti , tivo un manual completo de cómo non
competir unha eliminatoria. Falta de intensidade, premios antes do arranque,
non ser agresivos coma eles……
Todo é fútbol o
que facía o Barça, o que facía o Madrid, o que fai o Madrid e o que fai o
Atleti. Cada un utiliza súas armas como quere.Grande Arda espindo a un Madrid
que se non a ten , queda sen capacidade de roubo.
Un dato, e iso
que Illarra cada vez parece máis lonxe de ter a personalidade para xogar no
Real Madrid, pero este ano 20 partidos no que participou 20 vitorias, nos 12
que non o fixo cinco derrotas e dous empates. Carlo podía mover algo máis a
xente, digo por iso. Chicharrito desapareceu, Jesé aínda non está e Khedira o
seu.
A última vez que
remontamos unha eliminatoria , todo o mundo escoitaba a radio en vez de ir o
bar velos partidos. No paleolítico vaia.
Ollo a un tema
que se escoita , Reus está case fichado
din por 25 kilos. Iso implicaría unha saída ?
sona Karim por 70 kilos o PSG. O cambio de cromos que sempre lle gustou
a Flo. Outra opción os 150 kilos do United por Bale, pero parece ser que hai un
contrato que obriga ter un británico, non sei. Ollo tamén a Pogba.
Que diferente é a
liña editorial dos dous programas da sobremesa deportiva.
De basket uns
detalliños, cada vez máis claro que con Slaugther melloramos, onte foi entrar
el e despegarnos. Hai que defender moito se queremos chegar a facer algo este
ano. E Marcus danos iso, vai e debe
xogar nos partidos chave por moito que aporte pouco en ataque.
Que Carroll é un
lastre moi grande e defensa e case non aporta en ataque. Mejri e Campazzo nin
minuto onte. Onde está o pasaporte do Facu ? Vai camiño de ser cortado para a
Copa, ca baixa temporal de Maciulis si tivera pasaporte poderíamos ter anotado
a Marcus en Acb pero nada. Mostra o ben que se fan as cousas.
Bou anda no seu
mundo paralelo, no plan pasota que mostrou nunha época en Oly e tamén en
Milano, grave problema. O 2 de 6 en tiros libres dio todo.
Chacho moi lonxe
da súa mellor forma, nótao e moito o equipo. Demasiado errático e máis parecido
o Chacho da Era Messina, algo que asusta.
Laso segue
pasando dos pivots, se entran as mandarinas e defendemos ben, pero senón un
desastriño. Debería xogar algo para os pivots pero segue sen aprender.
Dos outros
partidos, cando deixei o de Turquía o
Efes era un vendaval, e Draper a roubar balóns, despois Nando de Colo cambiou
todo.
E o Maccabi
empeñado en suicidarse, pero Lampe non foi quen de aproveitalo, Abrines tampouco.
P.d. Un pode criticar a súa familia pero se a crítica ven do exterior, defendereina a morte e xa a criticarei de portas a dentro. Eso me pasa co Real Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario