LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
CRUCES – FISOBER “B” F.S.F. : 2-1
CRUCES : Carmen,
Ana, Mónica, Tania e Paula ; tamén xogaron : Giselle e Cruz.
FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Laura
e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Antía e Andrea Piroja.
ÁRBITRO : Jorge Fernández , CRONO : Daniel Brea.
GOLES : 1-0 Ana,
( descanso ) , 2-0 Cruz, 2-1 Paula
Fandiño.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vila de Cruces.
No que o filial
do Fisober segue ca súa mala xeira de resultados a pesares de facer un moi bo
partido e merecer moito máis, pero pagou que segue pelexado co gol.
As baixas na
portería fixeron que a xogadora de campo Alejandra se puxera baixo paus , a cal
fixo un meritorio partido , cumprindo a un gran nivel e sen poder facer nada
nos goles.
Arrancou valente
e con oportunidades o filial pero cada vez que se aproximaban a área rival
baixábaselles a persiana e non eran quen de concretar ante a porteira local.
Así unha e outra
vez, con bo número de ocasións pero sen o premio do gol. E quen perdoa en
deporte sole pagalo.
Pagárono cun
lanzamento de Ana que petou nunha xogadora do filial e despistou a Alejandra
para poñer o 1 a 0.
Non se renderon
as visitantes e seguiron tentando pero non foron quen de igualar o partido. Con
ese resultado chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade
mesmo guión, as xoves xogadoras do filial a malgastar ocasións na busca da
igualada, pero o gol seguía sen chegar. E volveron a pagalo , desta vez foi
Cruz a que fixo o segundo gol local.
Loitaron ata o
fin as visitantes tentando levarse algo
de proveito de tan longa viaxe. E conseguiron o seu gol despois dun dobre
penalti transformado por Paula Fandiño, cando se ía chegar o último minuto.
Esforzo sen
premio , así se podía resumir o partido do filial que pagou caro a súa falta de
gol, perdendo un partido no que fixeron méritos para gañar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario