LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
VIAXES AMARELLE C – FISOBER “B” F.S.F. : 7-0.
AMARELLE:
Martita, Lía, Marta, Paula e Goretti, tamén xogaron : Tati, Ana, Carlota e
Aida.
FISOBER B : Anabel, Andrea Muíño, Tamara, Laura e
Alejandra ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Paula Fandiño e Nuriña.
ÁRBITRO : David
Ruiz , CRONO : Patricia Esparza.
GOLES : 1-0 Marta
, 2-0 Lía, 3-0 Paula, 4-0 Goretti, 5-0 Lía, ( descanso ) , 6-0 Ana, 7-0 Aida.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón de San Francisco Javier de A Coruña co que se
poñía fin a primeira volta.
Como ben indica o
resultado o partido non tivo moita historia e o filial do Amarelle levouno con
bastante comodidade.
O arranque do
mesmo foi premonitorio, xa que os cinco minutos case finiquitaran o partido as
locais con tres goles obra de Marta, Lía e Paula. As locais eran un vendaval e
as visitantes achicaban como podían, sen apenas poñer en apuros a porteira
local.
Así mediada esta
primeira metade Goretti facía o cuarto e chegando o remate era Lía a que facía
o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.
A volta dos
vestiarios o partido perdeu ritmo, pero as visitantes seguían sen poñer en
apuros as locais.
Unhas locais que aínda foron quen de marcar dous novos goles
nos últimos minutos de partido, obra de Ana e Aida, pechando cun resultado
contundente un partido no que foron moi superiores.
A vindeira semana
non haberá Liga, co cal o filial do Fisober voltará a competición en quince
días ca visita a Cruces para arrancar a segunda volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario