SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
VALDETIRES FERROL – FISOBER F.S.F. : 6-1.
VALDETIRES :
Nere, Sheila, Alba, Erika e Diana ; tamén xogaron : Belén, Ale de Paz, Eva e
Jenny.
FISOBER : Leti, Laura, Ana, Inés e Noelia ; tamén
xogaron : Myrella, Raquel e Mai.
ÁRBITROS : Raquel
Manteiga e Jose Carreira ; CRONO : Berta García.
GOLES : 0-1 Raquel, 1-1 Ery, 2-1 Ery, (
descanso ), 3-1 Ery, 4-1 Alba, 5-1 Didi, 6-1 Didi.
Partido disputado
na tarde do sábado en Ferrol co cal o Fisober poñía fin o ano 2014 na Segunda
División Nacional.
Derbi entre dous
equipos con metas moi diferenciadas a salvación para as costeiras e voltar a
División de Honra para as departamentais. O partido arrancaba con dominio local
e cun Fisober que optou por esperar a media pista e saír a contra, algo que lle
funcionou moi ben na primeira metade.
Os dous minutos a
costeira Noelia enviaba un balón o trabe despois dunha contra. Pero as locais
non querían quedar atrás e mandaban case
de maneira consecutiva dous balóns o pau.
Dominio local
pero a ferrea defensa visitante e Leti facían que o resultado non se movese
nestes primeiros dez minutos.
E máis cando
Raquel aproveitaba un balón no borde do área
para de reviravolta poñer en vantaxe as visitantes.
O gol foi un
acicate para o Valdetires xa que no minuto seguinte Myrella cometía penalti e a
local Ale de Paz dispuña da oportunidade de igualar pero mandou desviado. Aínda
que pronto se resarciron do erro as locais xa que un lanzamento de Erika poñía
a igualada no electrónico a falla de sete para o fin.
Continuaba o
dominio local e as visitantes buscando aproveitar algunha contra. Así ían pasando os minutos
ata que a piques de chegar o último desta primeira metade de novo Erika poñía
en vantaxe as locais ante as costeiras que vían que despois do seu bo traballo
ían por debaixo no electrónico. Un gol psicolóxico co que se chegaba o tempo de
lecer.
Pero foi cando
dentro do primeiro minuto da segunda metade de novo Erika, que chegou a ser
internacional con España a pasada tempada,
completaba unha tripla goleadora. Un novo gol psicolóxico que poñía moi de cara o
partido para as locais e desesperanzaba as visitantes.
O guión non
cambiaba e todo empeoraba cando os oito minutos Alba facía o cuarto local despois dun saque de banda.
Co paso dos
minutos as pernas foron pesando cada vez máis as costeiras que xa apenas
molestaban a unhas locais cada vez máis
superiores.
Así dous goles
case consecutivos de Diana a falla de tres para o fin do partido deixaban o
resultado no definitivo seis a un.
A pesares da derrota
os outros resultados da xornada permiten o Fisober seguir fora do descenso a
espera dun encontro chave a volta do Nadal como será o enfrontamento co Mora co
que está igualado a puntos. Unha vez chegado a Vimianzo as xogadoras de Nacional e Provincial disfrutaron da cea
de Nadal.
Dende o Fisober
F.S.F. queremos desexarlle unhas Felices Festas de Nadal e un próspero 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario