LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CAFETERÍA MECA : 1-5.
FISOBER B : Paula
Lema, Andrea Piroja, Laura, Paula Fandiño e Tamara ; tamén xogaron : Andrea
Muíño, Alejandra, Marina, Nuriña e Antía.
MECA : Isa, Eva Lago, María, Jessi e Paloma ; tamén xogaron
: Lara e Ainara.
ÁRBITRO :
Jose Rey , CRONO : Daniel Brea.
GOLES :1-0 Andrea
Piroja, 1-1 Paloma, 1-2 Eva Lago, ( descanso ), 1-3 Jessi , 1-4 Jessi, 1-5
Paloma.
Partido disputado
na tarde do sábado en Vimianzo, unha vez finalizado o partido de Nacional e
dentro da xornada solidaria do Fisober.
Arrancou moi ben
o filial como acostuma nas últimas semanas, dominando o partido e moi metido. E
froito dese dominio chegou o primeiro gol do partido obra de Andrea Piroja
despois dunha contra e unha moi boa combinación.
As visitantes
pouco a pouco foron tomando o ton do partido e as locais ían baixando no seu
control.Un filial que foi de máis a menos perante o partido.
E así mediada
esta primeira metade a visitante Paloma aproveitaba unha chegada para igualar o
electrónico.Pasaban os minutos e o partido cada vez tiña menos ritmo.
Ata que a falla
de cinco minutos un lanzamento de falta da ex do Fisober, Eva Lago poñía en
vantaxe as coruñesas.
Foi un duro golpe
para o filial, xa que despois dunha primeira metade igualada vían como chegaban
o tempo de lecer por debaixo no marcador.
E o arranque da
segunda metade foi a lousa definitiva, dous goles de Jessi nos primeiros cinco
minutos finiquitaron un partido o que as costeiras xa non foron quen de entrar.
As visitantes
máis veteranas pasaron a controlar o ritmo do partido. Ata que a cinco para o
fin Paloma facía o definitivo un a cinco.
Tentaron as
locais reducir o resultado pero xa sen sorte.
Agradecer o enorme traballo dos compoñentes da
Peña Marea Nejra, así mesmo como con
toda xente que colaborou ca xornada solidaria do Fisober e a que se acercou ata o Pavillón de Vimianzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario